VIGO
Ortiz salienta o traballo da Xunta con medidas pioneiras para protexer os dereitos das mulleres
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo visitou o Centro Lingoreta e coñeceu ao seu equipo formado por 20 mulleres
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, destacou este pasado venres, 8 de marzo, no que se celebra o Día Internacional da Muller, o traballo realizado polo Goberno galego para promover a igualdade con medidas pioneiras destinadas a protexer os dereitos das mulleres.
Así o fixo a representante autonómica durante unha visita ao Centro Lingoreta, na súa sede de Vigo, no que coñeceu ao equipo formado por un total de vinte mulleres. “Sodes unha motivación e o exemplo de que con paso firme seguimos derribando barreiras na consecución efectiva da plena igualdade”, sinalou.
Ana Ortiz explicou o éxito das políticas da Xunta na conquista dunha igualdade real e efectiva e reafirmou o compromiso do Goberno galego co fomento de accións que contribúan a mellorar e afianzar este avances. “Levamos anos traballando pola promoción da igualdade e nos últimos tempos puxemos en marcha medidas pioneiras para protexer tanto os dereitos das mulleres como os das nenas e dos colectivos LGBTI”, indicou.
Mencionando a declaración institucional da Xunta neste 8 de marzo, a delegada territorial sinalou que Galicia é unha comunidade “comprometida coa construción dunha sociedade máis xusta, inclusiva e igualitaria, onde toda a cidadanía teña cabida e dereito a desenvolver unha vida plena, independentemente da súa orixe, xénero e orientación sexual”.
Engadiu que a nosa comunidade é “un lugar seguro, onde todas as mulleres e nenas poidan vivir en liberdade” no que “seguemos a traballar para que a muller poida ocupar espazos públicos e privados en igualdade de condicións; un futuro sin divisións sexistas, sin discriminación ou calquera tipo de violencia; un futuro de plena inclusión desde a perspectiva de xénero en todos os ámbitos da sociedade; en definitiva, un futuro onde a equidade sexa capaz de corrixir os desequilibrios que aínda existen na actualidade”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129