Vigo
Aprobada a última licenza de obra residencial e comercial no Barrio do Cura
Abel Caballero anunciaba o venres que o Concello aprobou a última licenza de obra residencial e comercial no Barrio do Cura para dous edificios onde se contempla a construción de 157 vivendas, así como equipamentos para usos deportivos e dotacionais privados, entre outros.
O alcalde apuntou que a superficie total da actuación é de 75.000 metros cadrados e que as obras contemplan a reconstrución das vivendas dos pescadores que foron desmontadas, xa que están catalogadas, e que deben permanecer na mesma cota e posición orixinal.
O rexedor lembrou que o proxecto inclúe conservar a fachada da ilglesia, que se integrará nas edificacións.
A urbanización contempla a construción dunha praza pública, así como a ampliación da urbanización das rúas Santa Marta e Llorente, segundo explicou Caballero. “Un contexto de utilización pública completamente novo e extraordinario”, recalcou.
O Concello garante que durante todo o proceso construtivo levará a cabo un control arqueolóxico. Ademais, a urbanización en chan urbano non consolidado deberá realizarse de forma simultánea á edificación.
Caballero apuntou que se está tramitando a licenza que permitirá á promotora construír un aparcamento público de 300 prazas que cederá ao Concello e que se recuperará a escola infantil.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60