O PORRIÑO
29 comercios sacan os seus saldos á rúa no Porriño
A feira de oportunidades “Merca na rúa”, organizada por Acipor en colaboración co Concello do Porriño, celebrarase o venres 15 e mañá do sábado 16
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, a concelleira de Comercio, Rosa Isabel Alonso, e a presidenta da Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez, presentaron hoxe a XXIX edición da Feira de Oportunidades “Merca na Rúa”.
O evento celebrarase o venres 15 e o sábado 16 de marzo. “Instalaranse 29 postos de venta na rúa peonil, cunha ampla representación de sectores e produtos. Calzado, óptica, moda infantil e de adulto, mercería a accesorios…serán algún dos artigos que poderás atopar con descontos de ata o 80%”, explicou a presidenta de Acipor.
O venres estará aberto en horario ininterrumpido de 10 a 21 h e de 17 a 19 h haberá inchables e obradoiros infantís para que os máis pequenos poidan disfrutar mentres os maiores fan as súas compras. O sábado, só abrirá en horario de mañá de 10 a 14 h.
O alcalde convidou “a toda a veciñanza do Porriño e da contorna a visitarnos e disfrutar, sempre que a choiva o permita, da nosa vila e das importantes ofertas do noso comercio local”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61