Martes, 10 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 10 de Marzo de 2026 a las 09:43:05 horas

Xornal21.es
Miércoles, 13 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Preto de 400 escolares do Porriño aprenden a importancia de ter unha boca sa

Centro de Saúde en colaboración co Concello do Porriño imparten unha serie de obradoiros sobre hixiene oral nos centros educativos

Preto de 400 escolares do Porriño aprenden a importancia de ter unha boca sa da man do Centro de Saúde e o Concello do Porriño.

 


A concellería de Sanidade, que dirixe Teresa Veloso, colabora co centro médico na organización dunha serie de obradoiros sobre hixiene oral, impartidos por facultativos, que se están a desenvolver este mes de marzo nos centros educativos do Porriño.


Participa desta iniciativa o alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria do CEIPP Antonio Palacios, CEIP da Ribeira, CPR Santo Tomás, CPR Hnos. Quiroga, CEIP Fernández López, CEIPP de Atios, CEIP da Cruz-Budiño e Aceesca.


Os obradoiros teñen unha primeira parte teórica na que se explican conceptos básicos sobre o cepillado e a alimentación e unha segunda parte práctica na que se reforza o contido explicado previamente. Cada un ten unha duración aproximada de 30-45 minutos.  


“Establecer bos hábitos de hixiene bucal dende unha idade temperá é esencial para gozar de boa saúde”, sinala a concelleira Teresa Veloso,  “Por iso é importante que os nenos e nenas aprendan desde pequenos hábitos saudables para os seus dentes, que o normalicen e o apliquen diariamente para evitar complicacións nun futuro”.


No mesmo sentido se manifestou o alcalde, destacando a importancia do coidado da boca desde ben pequenos e convidounos a estar moi atentos e “sobre todo, a poñer en práctica cada día todo o que estades a aprender hoxe”. O rexedor quixo agradecer a iniciativa do persoal do Centro de Saúde do Porriño e a súa man tendida sempre para impulsar “actividades como esta tan necesarias para os nosos pequenos e pequenas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.