Martes, 10 de Marzo de 2026

Actualizada Martes, 10 de Marzo de 2026 a las 09:43:05 horas

Xornal21.es
Martes, 12 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Os nenos e nenas do Antonio Palacios disfrutan dun almorzo saudable

O alumnado-traballador da especialidade de cociña de “Porremprego Cualifica II” prepara e sirve almorzos saudables para os coles de Torneiros e os usuarios e usuarias de AFAGA

Comezar o día cun almorzo saudable, variado e equilibrado é clave para afrontalo con enerxía. Por iso, a adquisición de hábitos de alimentación saudable entre os máis pequenos é parte importante da súa educación.


Baixo esta premisa, o alumnado-traballador da especialidade de cociña de “Porremprego Cualifica II”, preparou e serviu hoxe un almorzo saudable para os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Antonio Palacios de Torneiros. Esta actividade está enmarcada dentro da obra a realizar no obradoiro de emprego e nela tamén participarán usuarios e usuarios da unidade de día de AFAGA e o alumnado do CEIP da Ribeira.


Hoxe foi a primeira xornada nas instalacións habilitadas para cociña e hostalería no Multiusos de Torneiros e na mesma participaron máis de 20 nenos e nenas, acompañados polos seus profes, polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e as concelleiras Rosario Costas e Teresa Veloso. Disfrutaron dun nutritivo menú cargado de enerxía que incluía propostas doces e salgadas, xugos naturais e froita.


“Con sinerxias como estas que se crean entre os centros educativos e o obradoiro de emprego os pequenos e pequenas descubren a importancia de ter unha alimentación saudable e tamén coñecen o labor da especializade de cociña que se imparte neste obradoiro”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.