DEPORTES
A selección Galega de Trail Running estrea medalleiro con dous podios
Excelentes resultados deportivos da Selección Galega de Trail Running no Campionato de España desenvolto esta fin de semana en Murcia.
A nosa selección lograba dúas magníficas medallas nun campionato no que tan só leva tomando parte nas tres últimas edicións, o que pon de manifesto o medre experimentado por esta modalidade nos últimos anos no noso atletismo.
Dous bronces
A nivel de resultados, a primeira das medallas chegaba da man de Sandra González ao lograr o terceiro posto individual na categoría de promoción o que representa a primeira medalla para o atletismo galego na súa historia neste campionato. Por equipos e a nivel de selección, a propia Sandra González, Julia Salvado, Sabela Tuñas e Eva Formoso, lograban o sétimo posto da clasificación.
Con posterioridade lográbase un novo metal para os intereses galegos da man da Selección masculina Sub23 quen liderada por uns excelentes Hugo García e Martín Barreiro, sétimo e noveno respectivamente, lograban por equipos o terceiro posto só por detrás das comunidades de Madrid e Valencia. Xunto eles, tamén formidable competición de Pablo Fernández que entraba como terceiro galego no trixésimo primeiro poso da clasificación xeral.
No resto de actuacións destacar o cuarto posto de Eloy Martínez na categoría Sub20 no que Galicia por seleccións remataba en postos de finalista.
Excelentes actuación no Campionato de España máster
A maiores tamén se estivo disputando o Campionato de España Máster de TR con excelentes resultados que se traduciron en dúas medallas e catro podtos de finalistas.
Adolfo Garrido do Ourense At. cun tempo de 2h.18:57 lograba a medalla de bronce sobre a categoría M55 cedendo só ante os atletas de Valencia e Asturias. Pola súa banda mesmo metal na categoría F40 para Rebeca Mariño do SD Barbantia Roda quen remataba cun rexistro de 2h.18:49
A destacar tamén os postos de finalistas Martín Fontán do At. Porriño na M35; ; Beatríz Barroso do At.Noia na F45; Fico Losada de CD Biosbardo na M45 e José Manuel González da SD Barbantia na M55.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129