VIGO
Vigo revela as formas secretas da natureza na nova exposición Nanocosmos
A Fundación ”la Caixa” presenta a exposición Nanocosmos. A realidade oculta ao ollo humano, con micrografías realizadas polo escritor, artista e cineasta Michael Benson. Un minucioso traballo levado a cabo coa axuda de microscopios electrónicos de varrido do Canadian Museum of Nature
A beleza e as formas insospeitadas do mundo microscópico quedan desde hoxe ao descuberto en Vigo grazas á exposición itinerante Nanocosmos. A realidade oculta ao ollo humano, producida pola Fundación ”la Caixa”. Abel Caballero, alcalde de Vigo; Igor de las Heras, director da Área de Negocio de CaixaBank en Vigo; Susan Santos, delegada Territorial da Fundación ”la Caixa” en Galicia; e Rubén Duro, asesor da exposición, presentaron hoxe a mostra, que poderá verse ata o 23 de abril na Rúa do Príncipe.
A exposición presenta 36 fotografías feitas con microscopio electrónico do artista Michael Benson coas que nos ofrece unha ollada diferente sobre a flora e a fauna que se adentra na súa escala máis pequena.
Arte, alta tecnoloxía e ciencia fusiónanse nesta nova exposición, que constitúe unha viaxe polo mundo natural a escala submilimétrica. Benson, fascinado desde sempre pola fronteira entre o que vemos e o que non, logra imaxes impoñentes e reveladoras da vida que é invisible aos ollos.
O autor usou un microscopio electrónico de varrido do Canadian Museum of Nature de Ottawa e logrou dar a volta aos usos desta tecnoloxía, que ata daquela tiña estado ao servizo da ciencia. Benson emprégaa agora para crear arte en forma de 36 imaxes dixitais en branco e negro, minuciosamente procesadas e ensambladas, que retratan a complexidade da flora e a fauna.
Nas imaxes poden verse, por exemplo, as estruturas das diatomeas, un grupo de algas unicelulares que constitúe un dos tipos máis comúns de fitoplancto. As diatomeas absorben cada ano entre 10.000 e 20.000 millóns de toneladas de dióxido de carbono e son responsables de entre o 20 e o 50 % do osíxeno total que penetra anualmente na atmosfera terrestre.
Do mesmo modo, poden coñecerse de cerca os radiolarios, un tipo de zooplancto que se atopa en todos os océanos do planeta e que presenta un esqueleto case sempre composto de sílice e de formas xeométricas similares a poliedros regulares.
A relación dos insectos coas plantas tamén atrae a atención e o foco de Benson. Na exposición pode verse con detalle un insecto tan pequeno como é o pulgón, que mide entre 1 e 3 milímetros, e do cal chegamos a ver incluso o estilete que utiliza para perforar as plantas e extraer nutrientes. Do mesmo xeito, pódense observar os palpos, apéndices peludos das bolboretas, que axudan a saborear a comida para determinar se é comestible, ou os ollos e as antenas dunha abella, así como as alas dunha libélula, que lle permiten acadar velocidades entre 35 e 54 km/h.
Esta exposición é a segunda colaboración da Fundación ”la Caixa” co escritor, artista e cineasta norteamericano. Outros Mundos. Viaxes polo sistema solar da man de Michael Benson foi a primeira exposición itinerante realizada conxuntamente. A mostra, que aínda se pode ver en cidades de España e Portugal, exhibe corenta impactantes imaxes dos planetas do noso sistema solar captadas polas sondas da NASA e a ESA, e seleccionadas e tratadas por Benson.
Tras ternos amosado a inmensidade do mundo exterior, Benson achéganos esta vez con Nanocosmos a outros sorprendentes descubrimentos moito máis pretos de nós, aínda que imperceptibles para os nosos ollos. Esta construción fascinante entre a arquitectura, a botánica, a bioloxía e a arte de vangarda, tras o seu paso por Vigo, continuará a súa itinerancia por outras cidades de España e Portugal.
Ambas as dúas exposicións forman parte do programa de Arte na Rúa, co cal a Fundación ”la Caixa” quere facer de diferentes cidades un museo a ceo aberto. A divulgación é un instrumento básico para promover o crecemento das persoas. Por ese motivo, a través destas exposicións, a entidade ten como obxectivo achegar a cultura e a ciencia a todo tipo de públicos.
Nanocosmos
A realidade oculta ao ollo humano
Do 14 de marzo ao 23 de abril
Rúa do Príncipe. Vigo
Aberto 24 h para público xeral
Visitas comentadas para público xeral:
Sábados ás 12 h en galego, 17 h en galego e 18 h en castelán
Domingos ás 12 h en castelán, 13 h en galego e 17 h en castelán
Visitas guiadas para grupos escolares e outros colectivos:
De luns a venres, de 10 a 13 h e de 16 a 18 h
Visitas escolares:
Previa cita, chamando ao 900 801 137
https://caixaforum.org
https://fundacionlacaixa.org/es/

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136