Martes, 07 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Martes, 19 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas recolle o galardón “Bandera Sendero Azul”

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor recoñece a posta en valor da Senda do Río Tea

O Concello recolle o galardón “Bandera Sendero Azul” polo seu compromiso na recuperación e posta en valor de itinerarios que promoven o desfrute sostible. Trátase dun recoñecemento nacional que outorga a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor que, neste caso, premia os labores que se levaron a cabo na Senda do Río Tea. Ao acto que se celebrou a semana pasada en Madrid, acudiron a concelleira de Medio Ambiente, Silvia Fernández, e o edil de Facenda, Francisco Represas, en representación do grupo de goberno.

 

Deste xeito, un xurado formado por especialistas en eidos como o Patrimonio natural e Turismo recoñece a Senda do Río Tea como un espazo natural, saudable e sostible. Os profesionais valoraron a senda da vila como un recurso valioso para a interpretación e a educación ambiental así como para o desfrute da natureza mediante o desenvolvemento de actividades deportivas e turísticas.

 

Ademais, a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor puxeron en valor tamén outros criterios como a sinalización e as infraestruturas da senda, a súa conservación e xestión do patrimonio natural e cultural así como o seu uso público.

 

A concelleira de Medio Ambiente, Silvia Fernández, apuntou que “este recoñecemento é unha mostra da aposta pola recuperación dos nosos espazos verdes que facemos desde o goberno municipal” e agradeceu á Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor “o recoñecemento que Bandera Sendero Azul supón para a Senda do Río Tea”. Avanzou tamén que “continuaremos traballando na posta en valor da nosa contorna para continuar ofrecendo á veciñanza un espazo saudable no que poder realizar diferentes opcións de ocio sostible”.

 

Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro, indica que “ a nosa vila ten potencial para desenvolver actividades que teñan que ver coa natureza e o noso labor consiste en coidar eses espazos e poñelos en valor para o desfrute tanto dos veciños e das veciñas como das persoas que nos visitan”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.