VIGO
A Xunta anuncia a autorización de Patrimonio Cultural para urbanizar o polígono 3 de Navia
O Goberno galego trasladou ao Concello o informe favorable condicionado da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, anunciaron que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural comunicou xa ao Concello de Vigo o visto e prace ao proxecto de urbanización do Polígono 3 do Plan Parcial San Paio de Navia. Así o avanzaron os representantes autonómicos durante unha visita ás obras do Polígono 1 que comezaron o pasado mes de outubro.
“Os traballos de urbanización deste ámbito para poñer a disposición dos vigueses un total de 201 vivendas de promoción pública marchan a bo ritmo, pero ademais xa hai autorización para urbanizar un novo polígono”, sinalou a delegada territorial.
O departamento de Patrimonio Cultural aprobou o documento para urbanizar un dos tres polígonos que delimita a 2ª Modificación Puntual do Plan Parcial de Navia. O documento para a aprobación inicial é un proxecto de obras que define as actuacións de execución da urbanización segundo a ordenación establecida no planeamento aprobado. O informe favorable autoriza o proxecto e indica varias condicións.
Desta maneira apunta que se deberá incorporar os muros de pedra existentes da horta catalogada ás zonas verdes do polígono. Ademais, deberase incrementar a densidade de árbores do aparcamento na fronte ao camiño dos Pelamios.
Pola súa banda, Heriberto García apuntou que o seu departamento “xa licitou todos os contratos” correspondentes á promoción das 201 vivendas proxectadas no polígono 1 por un importe global de algo máis de 40 millóns de euros. Así mesmo, lembrou que neste mesmo ámbito de Navia o IGVS tamén prevé construír outras 58 VPP, cofinanciadas con fondos europeos e nas que o investimento estimado ascende a case 14 millóns de euros.
Proxecto do Polígono 1
Ana Ortiz e Heriberto García fixeron un percorrido polas obras que se están a levar a cabo no Polígono 1 do Plan Parcial San Paio de Navia. Os traballos comezaron o pasado mes de outubro e se prolongarán durante todo o ano 2024 para poñer a disposición dos vigueses solo urbanizado sobre o que desenvolver novas vivendas de promoción pública e privada.
Ata o momento, no Polígono 1 realizáronse traballos de despexe e desbroce do terreo, transplante de árbores a conservar en futuras zonas verdes, poda e limpeza das árbores e plantas que se conservan, tratamento de especies invasoras, demolición das edificacións e muros, xestión dos residuos das demolicións, así como inicio do movemento de terras coa escavación de terra vexetal, escavación de desmonte e o recheo en parcelas.
No PAU de Navia, a Xunta promoverá ata 1.600 vivendas protexidas cun investimento público-privado superior aos 260 millóns de euros. En concreto, 201 vivendas públicas -que estarán destinadas en exclusiva ao alugueiro- hai que engadir outras 526 que serán vivenda protexida pero impulsadas por promotores privados. Ademais, o Goberno galego vai sacar a concurso este ano 98 parcelas nesta zona para que os promotores poidan construír ata 331 vivendas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136