O PORRIÑO
O entroido volve á vila do Louro esta fin de semana
O sábado 16 arrancará o entroido co pregón a cargo de Afaga Alzhéimer, desfile de comparsas, concertos e o 80 Xogo da Ola
O Porriño non se resigna a quedar sen Entroido. Tras ter que suspéndelo en dúas ocasións polas malas condicións meteorolóxicas e aproveitando que o tempo dará un pouco de tregua, a vila do Louro xa o ten todo preparado para retomar a programación.
Arrancará o sábado 16 co concerto de La Patrulla ás 12 h como antesala do pregón do Entroido a cargo dos usuarios e usuarias de Afaga Alzhéimer, que será ás 13 h. Non faltará tampouco o Xogo da Ola que celebrará a súa 80 edición ás 16 h. Xa pola tarde, a partir das 17:30 h sairá do pavillón municipal o gran Desfile de comparsas e ao seu remate, concerto de Los coleguitas na praza do Concello.
O domingo despedirase o Entroido deste ano como como corresponde, co velorio e enterro da Sardiña. Ás 17 h abrirá as súas portas a capela ardente no Círculo Recreativo Cultural e ás 18 h a comitiva fúnebre iniciará o seu periplo ata a praza Arquitecto Antonio Palacios, onde se procederá á lectura do Testamento e últimas vontades antes de ser queimada aos pés da ponte do Valo. O pasarrúas Lume, de Troula Animación, sumase aos actos.
“Convido a toda a veciñanza a festexar por todo o alto o Entroido, nós non nos rendimos nunca e estou seguro que o tempo nos premiará e permitirá que pasemos dous días de festa no Porriño”, apuntou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.2