PROVINCIA
A Sede de Vigo da Deputación acolle ata o 30 de abril unha mostra de Joan Morera
A exposición inaugurouse esta tarde cunha conferencia a modo de diálogo entre o propio Morera e Carme Nogueira na que o artista abordou o proceso de traballo desenvolvido para analizar a representación destas mulleres
A Sede de Vigo da Deputación acolle ata o 30 de abril unha mostra de Joan Morera que afonda nas mulleres emigrantes españolas en Francia a través dunha instalación audiovisual específica. “A ‘chambra’. O cuarto do lado”, como así se titula a exposición, de acceso gratuíto, acaba de inaugurarse na Sala Maruja Mallo cunha charla do propio Morera a modo de diálogo coa artista multidisciplinar Carme Nogueira na que abordou o proceso de traballo desenvolvido para analizar a representación destas mulleres.
A exposición presenta seis entrevistas inéditas gravadas entre Francia, Galicia e Euskadi e realizadas dentro do proxecto “Conchita et nous”, que se aproxima á historia das mulleres emigrantes españolas en Francia, fundamentalmente en París, durante os anos sesenta e setenta. O núcleo deste traballo, que se levou a cabo grazas a residencias artísticas en París e Bilbao, céntrase nas chamadas “Conchitas”, empregadas do fogar ou bonne à tout faire (literalmente, “boa para todo”). Precisamente, “chambra” é a castelanización da palabra francesa chambre, que significa “cuarto”, habitualmente usada na xerga pola comunidade española en Francia.
Tal e como explicou Joan Morera na inauguración, a mostra reproduce o tamaño dunha habitación na que vivían as emigrantes españolas en Francia. A partir dese lugar configúrase un dispositivo documental que presenta desde entrevistas de historiadores e sociólogos, ata tamén de persoas que viviron nesas “chambras” ou tiveron relación con elas. Trátase de reproducir e representar documentos únicos cunha estética e linguaxe propia da arte contemporánea.
Joan Morera (Vigo, 1984) é artista, investigador e doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Realizou unha estancia de investigación en Bos Aires, no Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA) e participou en residencias artísticas coma La Pinguela, en Oberá (Arxentina), así como en diferentes institucións públicas e privadas. En liñas xerais, traballa sobre a memoria, as migracións e a construción da paisaxe contemporánea a través de diferentes formatos e soportes documentais, explorando, entre outros, a fotografía, a escultura, o debuxo ou o vídeo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136