DEPORTES
PuntoGal reforza o seu apoio decidido ao fútbol gaélico
O novo acordo fai especial fincapé no deporte de base mediante as GaélicoEscolasPuntoGal e nas seleccións galegas femininas e masculinas e a súa proxección internacional
As oficinas da delegación santiaguesa da Federación Galega de Fútbol (FGF), situadas no estadio municipal Vero Boquete de San Lázaro, acolleron o acto de sinatura do acordo polo que PuntoGal aumenta as súas achegas á Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) para este ano 2024. Na sinatura do convenio participaron o presidente da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG), Ángel Negrete, e o director xeral do dominio, Darío Janeiro. O acto serviu para poñer de manifesto a aposta continuada do dominio por este deporte e a boa sintonía existente entre as dúas entidades.
Na súa intervención, ÁngelNegrete destacou a importancia deste convenio de patrocinio que “nos permitirá seguir crecendo como referencia do fútbol gaélico a nivel internacional a través da Seleccións Galegas e as gaélico escolas, que pasan a se denominar Gaélico Escolas PuntoGal, para reafirmar a colaboración entre ambas organizacións”. “As achegas deste tipo -engadiu Negrete- son imprescindibles para poder afrontar retos como a participación das Seleccións en torneos internacionais. A este respecto, é necesario lembrar que somos unha asociación amateur e que tanto os xogadores e xogadoras como o corpo técnico e outros membros da AGFG realizamos importantes sacrificios persoais e económicos para competir”.
Pola súa parte, o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, sinalou no acto de presentación que “PuntoGal, como entidade cun obxectivo social e de vinculación do país, mantén un programa corporativo de colaboración con entidades que desenvolven actividades vencelladas á cultura, á lingua, á tecnoloxía ou ao deporte galegos. O fútbol gaélico e a asociación que o xestiona representan perfectamente ese espírito de traballo base co que nos sentimos moi orgullosos e agradecidos de colaborar”. Janeiro lembrou que o crecemento no número de dominios rexistrados irá posibilitando, pouco a pouco, máis accións deste tipo que, na súa opinión “constitúen unha das razóns de ser de PuntoGal”. “Este convenio, rematou, é simplemente poñer negro sobre branco a sintonía entre ambas entidades nos últimos anos. Os éxitos dos equipos de fútbol gaélico son os nosos”.
A Federación Galega de Fútbol Gaélico xa ten máis de 300 membros. Actualmente hai quince equipos senior nas competicións de liga, dos que seis son femininos. No ano 2023 a federación fixo un esforzo de difusión do deporte que conseguiu que máis de 1.500 nenos tiveran contacto co fútbol gaélico a través de demostracións, obradoiros e torneos coma o Torneo de Nadal PuntoGal, que se celebra cada ano en decembro. Este traballo se incrementará en 2024 grazas a aportación de PuntoGal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60