PONTEAREAS
O concello aproba a ordenanza da xestión e limpeza de fincas e montes
Axilízanse os trámites para que as fincas se atopen nunhas boas condicións de salubridade e seguridade
O Concello aproba a ordenanza reguladora para a xestión e limpeza de fincas e montes co obxectivo de reforzar as tarefas de prevención dos incendios forestais no municipio. Deste xeito, axilizaranse os trámites para que as fincas que se sitúan preto de vivendas ou do solo de núcleo urbano, núcleo rural e urbanizable non conten con especies pirófitas e estean libres de restos forestais antes do 31 de maio de cada ano.
Coa nova ordenanza, que xa publicou o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, a administración local levará a cabo as tarefas de limpeza e mantemento das fincas no caso de que as persoas propietarias non realicen os traballos de xestión e acondicionamento. Toda vez que finalice o prazo legal previsto, a administración local iniciará os labores de limpeza nas fincas con medios propios ou a través da súa contratación. O Concello notificará ás persoas propietarias o custe dos traballos e procederá ao seu cobramento, que poderá ser anticipado, así como á tramitación da correspondente sanción administrativa.
Neste sentido, a área de Medio Ambiente lembra que as especies pirófitas que non poden estar presentes nas fincas que se sitúen a menos de 50 metros de vivendas e núcleos urbanos ou rurais son, por unha banda, os eucaliptos, piñeiros e acacias e, por outra banda, a maleza formada por silveiras ou xestas, entre outras.
A concelleira de Medio Ambiente, Silvia Fernández, indica que “damos cumprimento a unha demanda da veciñanza en canto á xestión e limpeza das fincas posto que creamos unha ordenanza específica que nos garante que os terreos se atopen nunhas boas condicións de salubridade e seguridade” e insiste en que “a nosa prioridade é reforzar as tarefas de prevención dos incendios forestais para protexer as vivendas e as infraestruturas así como os equipamentos sociais e áreas naturais de valor especial”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.56