Martes, 28 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 17 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Concello e Federación Galega de fútbol da man para mellorar o Penedo Redondo

O Concello de Salceda vén de recibir o proxecto para a renovación do céspede do campo de fútbol do Penedo Redondo de mans da Federación Galega de Fútbol que sufraga a redacción do traballo na súa totalidade.

 


A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e o Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, asinaron o convenio de colaboración o pasado 21 de febreiro no propio campo de fútbol do Penedo Redondo. Este convenio vén de materializarse coa entrega do proxecto básico e de execución do cambio de céspede do Penedo Redondo, que orzamenta esta obra en 233.930,92€, para os cales dende o Concello se está a traballar xa na búsqueda de cofinanciación.


A vida útil media deste tipo de instalacións establécese en torno aos dez anos. No caso do Penedo Redondo pasaron xa catorce anos dende a súa posta en funcionamento, o que produce que o céspede se atope xa en bastante mal estado e urxa a súa reposición. Cabe destacar ademais o dinamismo social do Concello de Salceda de Caselas, o que fai que o campo se empregue tódolos días da semana por diferentes equipos, contribuíndo isto ao desgaste do mesmo.


Preocupa sobre todo tanto ao Concello como á Federación e aos diferentes clubes o risco de lesións que supón un céspede en mal estado, sendo este o motivo fundamental para a urxencia da actuación. Trátase, ante todo, de garantir a seguridade de tódalas persoas que empregan o campo, e de evitar riscos innecesarios.


Proponse a substitución da manta de céspede artificial existente por un novo céspede artificial sintético de última xeración. Previamente, examinarase o estado da capa soporte e se se atopa en bo estado conservarase. Comprobaranse tamén as pendentes e o encharcamento da subbase e repararanse en caso de ser necesario. Instalarase un céspede de altura de fío 50mm sen base elástica directamente colocado sobre a base existente, e procederase á marcaxe e sinalización de campos de fútbol 8 e fútbol 11, con idéntico material, seguindo criterios da Dirección Facultativa e regulamentación da RFEF. O proxecto contempla tamén a sustitución das porterías tanto de fútbol 8 como de fútbol 11. Para a obra estipúlase un prazo de execución de 3 meses.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.