GALICIA
Rueda destaca o labor da Xunta á hora de bonificar o prezo de venda de todo o seu chan empresarial
Lembra que esta medida fixo posible a adxudicación de máis de 3 millóns de metros cadrados de solo a 613 empresas e un investimento directo superior aos 850 M€ de 2015 a 2023
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou esta semana a aposta do Goberno autonómico por facilitar a creación de riqueza na comunidade, sendo, desde 2015, a única administración pública en Galicia que bonifica, entre un 30% e un 50%, o prezo de venda de todo o chan empresarial da súa propiedade.
Así, ata o pasado ano, esta medida fixo posible a adxudicación de máis de 3 millóns de metros cadrados de solo a 613 empresas, o que supuxo un investimento directo superior aos 850 millóns de euros e a creación de preto de 7.500 postos de traballo. Para o presidente da Xunta en funcións.??
Así o destacou Rueda nunha visita na que estivo acompañado pola vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, ás obras de urbanización da fase C do parque empresarial de Morás, en Arteixo. En concreto, esta terceira fase está pensada para ofrecer parcelas máis pequenas, de maneira que non só as empresas con maior capacidade poidan gozar de todas as vantaxes que ofrece este espazo.
Para Rueda, a creación de chan industrial en polígonos como Morás “é un magnífico síntoma, xa que se hai que facer chan industrial é que se necesita, e polo tanto esa Galicia potente que queremos facer entre todos sigue medrando.” Nesta mesma liña, subliñou que “unha comunidade que non ten industria, que non fai o posible por seguir crecendo, o que vai facer é retroceder”.
Neste sentido, o titular do Executivo autonómico en funcións asegurou que se seguirán a desenvolver actuacións que permitan ter planificados e con posibilidade de estar dispoñibles 8 millóns de metros cadrados de chan empresarial en 2028, “primando aqueles lugares onde é necesario para seguir crecendo”. Ademais, lembrou que o solo público empresarial da Xunta será a custo cero durante os primeiros oitos anos de actividade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129