O PORRIÑO
Avanzan os traballos de ampliación da rede de saneamento en Atios, Pontellas e Torneiros
Estes traballos estanse a realizar no marco dun proxecto do Consorcio de Augas do Louro que, cunha inversión de 314.000 euros, supoñerá a posta en funcionamento de máis de un kilómetro de canalización, dando servizo a 19 vivendas e preto de 70 usuarios
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Vías e Obras, Ramón Porto, acompañados por persoal técnico do Consorcio de Augas do Louro, supervisaron a semana pasada as obras de ampliación da rede de saneamento que se están a executar na Rocha-Covelo.
Estes traballos estanse a realizar no marco dun proxecto do Consorcio de Augas do Louro que, cunha inversión de 314.000 euros, supoñerá a posta en funcionamento de máis de un kilómetro de canalización, dando servizo a 19 vivendas e preto de 70 usuarios, nas parroquias de Atios, Pontellas e Torneiros.
Proxéctanse 757 m de tuverías de PVC, para o que será necesario executar 44 pozos de rexistro ademais da reposición do pavimento asfáltico, en total unha 7.746 m2 de pavimento bituminoso e 200 m2 de pavimento de formigón. Ademais acometerase o recrecido de 12 arquetas e preto de 40 m de cuneta.
Nesta actuación a Rocha-Covelo executaranse cinco acometidas e a renovación total do pavimento.
“Seguimos traballando con máis proxectos e licitacións seguindo o noso plan de actuación ata tecer toda a rede de saneamento do municipio”, concluíu o rexedor e presidente do Consorcio de Augas do Louro, “Da man de outras administracións e entidades avanzaremos na nosa planificación”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60