Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 18 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Praza de Abastos abre de novo as súas portas este martes

Os postos de venta volverán a funcionar no interior da Praza desde este martes, cando se inaugurarán as melloras cun acto ao que se convida a toda a veciñanza

As obras da primeira fase da reforma integral da Praza de Abastos do Porriño xa concluíron e os praceiros e praceiras volverán atender á veciñanza nos seus postos de venta desde este martes.

 


A mellora atendeu unha antiga demanda de praceiros/as e usuarios/as, a renovación integral do pavimento e das instalacións de fontanería, saneamento e infraestrutura eléctrica, así como a incorporación de iluminación led e sistemas dixitalización. Traballouse tamén na reparación de danos estructurais que presentaba o edificio, tanto no interior como no exterior, mantendo sempre a esencia da obra de Xosé Bar Boo.


Lembramos que esta só é a primeira intervención dun proxecto de renovación global que afectará tamén á contorna, mellorando os espazos colindantes, reordenando a circulación, habilitando espazos de aparcamento e renovando a fachada. Todo isto no marco dun  proxecto conta cun orzamento de 231.000 euros financiados no 80% pola Xunta de Galicia a través da consellería de Economía, Industria e Innovación.


Unha vez finalizadas, a actividade retomarase no edificio este martes cun acto inaugural ao que está convidada toda a veciñanza do Porriño. Con motivo do traslado dos postos de venta á súa ubicación orixinal, permanecerán pechados os de peixe e froiterías ata o martes e as carnicerías e florerías tamén pecharán o luns.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.