GALICIA
A Xunta abreo prazo para solicitar praza nas súas escolas infantís de 0 a 3 anos de cara ao vindeiro curso
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o calendario e o procedemento de adxudicación nos centros da rede pública autonómica
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a apertura do prazo para que as familias que o desexen soliciten praza nas escolas infantís da Xunta para o vindeiro curso 2024-2025. Ofértanse arredor de 10.500 prazas de 0 a 3 anos distribuídas entre os centros da Axencia Galega de Servizos Sociais (Agass) e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O novo curso comezará o vindeiro día 6 de setembro.
O prazo de solicitude permanece aberto desde o pasado sábado ata o 5 de abril e estas poderán remitirse de xeito electrónico a través da sede da Xunta de Galicia ou acudindo de xeito presencial a calquera dos rexistros oficiais. Este ano, como novidade, as familias cuxos proxenitores traballen terán máis puntuación á hora de acceder ás escolas. Desta forma, terán máis facilidades para atender ás súas necesidades de conciliación.
Coincidindo coa publicación no DOG do calendario de matriculación, o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá a escola infantil de Paderne de Allariz (Ourense). Alí lembrou que este ano será o terceiro no que a atención educativa será 100% gratuíta para todos os nenos e en todas as escolas infantís da comunidade, con independencia da súa titularidade.
O Goberno galego inviste 60 millóns de euros este ano na gratuidade, da que se poden beneficiar unhas 31.000 familias e para as que esta medida supón un aforro medio de 2.000 euros por curso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136