GALICIA
A Xunta promove o emprendemento feminino con recursos e axudas á conciliación
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, participou en Cambados no II ‘Foro O Salnés Emprende con M’, organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) da comarca do Salnés
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, destacou onte na súa intervención no II Foro O Salnés Emprende con M, organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) da comarca arousana, o apoio da Xunta ao emprendemento feminino para desenvolver un tecido económico local sólido, igualitario e competitivo.
Vázquez avogou polo desenvolvemento pleno de todas as mulleres galegas e, así, referiuse a diversos programas de axudas e recursos que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade pon á súa disposición como Emega, con 28 anos xa de traxectoria, que apoia o emprendemento e o emprego feminino e a conciliación.
A secretaria xeral da Igualdade tamén puxo en valor os Polos cos que se dá un pulo ao emprendemento en xeral e tamén a centos de mulleres fomentando, ademais, a economía social do rural.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade aposta, así mesmo, polo asociacionismo con liñas de axudas para crear sinerxías e redes de apoio entre mulleres “para conseguir unha igualdade real entre todos os colectivos, idades, procedencias e profesións”.
Para rematar, Vázquez apuntou que a Xunta seguirá tamén reforzando a rede de Centros de Información á Muller (CIM) co que se ofrecen recursos e ferramentas para dar sevizo, informar e axudar ás mulleres galegas co foco posto nas vítimas de violencia de xénero.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136