Jueves, 25 de Junio de 2026

Actualizada Miércoles, 24 de Junio de 2026 a las 15:24:51 horas

Xornal21.es
Jueves, 21 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Mos e Consorcio do Louro aúnan esforzos para educar ao alumnado sobre auga

Alumnado de 3º e 4º de Primaria dos colexios do municipio participou esta semana dunha actividade lúdico-didáctica de concienciación

Esta semana celebrouse no Pavillón Óscar Pereiro unha actividade conmemorativa do Día Mundial da Auga que será o vindeiro venres 22 de marzo. Actividade organizada conxuntamente entre as concellerías de Medio Ambiente, e o seu programa CoidaMos, e de Educación co programa de actividades para os centros educativos dentro do horario lectivo; ambas en colaboración co Consorcio de Augas do Louro e o seu proxecto Misión Sostible.

 

 

Na iniciativa, na que participou a cativada de Primaria dos CEIPs de Mos estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o seu tenente de alcaldesa e responsable do Saneamento e Abastecemento no municipio, Camilo Grandal, a concelleira de Medio Ambiente, Laura Méndez, e tres representantes do Consorcio de Augas do Louro: Rufino Rodríguez, xerente do Consorcio de Augas do Louro, Manuel Viñas, xefe de servizo de FCC Aqualia e Alberto Fernández, técnico de abastecemento de FCC Aqualia.

 

En total participaron na actividade de hoxe 169 nenos e nenas, todos eles alumnado de 3º e 4º de Primaria de 4 colexios públicos de Mos: do CEIP PETELOS  30 alumnos, do CEIP ATíN-CELA 50 alumnos, do CEIP Pena de Francia 41 alumnos e do CEIP Mestre Valverde Mayo 48 alumnos.

 

Segundo explicaron os representantes municipais, Arévalo, Médez e Grandal, “o obxectivo xeral desta actividade é crear conciencia no alumando da importancia da auga para o noso benestar e o dos ecosistemas, e tódolos seus componentes”.

 

A iniciativa consistiu Consistiu na súa parte teórica na explicación da depuración da auga que chega á EDAR de Guillarei do Consorcio de Augas do Louro. E vén complementada por outra actividade que se está a desenvolver estes días co alumnado de Primaria dos colexios de Mos consistente en saídas didácticas ao Sendeiro do Río Louro nas que se pon en valor o paseo fluvial dando a coñecer de preto á cativada mosense os distintos elementos que forman a fauna e a flora deste hábitat. No percorrido cóntase con monitores ambientais de “Alecrín Actividades e Aventura” que se encargan de guiar e facer as explicacións polo sendeiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.