GALICIA
Oito fotoxornalistas de prestixio internacional prestan a súa mirada sobre a “infancia e mocidade refuxiada”
Ana Palacios, Majdi Fathi, Diego Ibarra, Pedro Armestre, Vincent Tremeau, Rodrigo Abd, Bruno Thevenin e Marta Moreiras son a nómina de fotoxornalistas convidados na oitava edición do Encontro Internacional Acampa pola Paz “Infancia e mocidade refuxiada” que se celebrará na Coruña en xuño. Coas súas imaxes, unha intención clara: convidar á cidadanía a reflexionar sobre eses millóns de cativos aos que se roubou o seu dereito para selo.
As cento vinte lonas de gran formato que perimetrarán os Xardíns de Méndez Núñez coruñeses no marco do Encontro Internacional Acampa pola Paz 2024 (7-9 de xuño) serán as xanelas que o Movemento Acampa abra á infancia e a mocidade refuxiada. Oito fotoperiodistas de recoñecido prestixio son os participantes na presente edición: Ana Palacios, Majdi Fathi, Diego Ibarra, Pedro Armestre, Vincent Tremeau, Rodrigo Abd, Bruno Thevenin e Marta Moreiras.
O fotógrafo palestino Majdi Fhati achéganos ao horror que se vive na Franxa de Gaza. Súa é a sobrecolledora imaxe que dá forma ao cartel oficial do VIII Encontro Internacional Acampa pola Paz, un neno salvando dos entullos os seus libros e cadernos, agarrándose á normalidade e ao futuro dunha infancia arrebatada de raíz polas bombas israelitas. Ana Palacios achéganos aos nenos escravos de Togo, Benin ou Gabón. Rodrigo Abd permitiranos albiscar o mundo dos pequenos e pequenas afgás baixo o xugo talibán, mentres Pedro Armestre obrigaranos a mirar o que acontece na fronteira sur, en Ceuta e Melilla, con eses centos de menores non acompañados tratando de chegar a chan europeo. Diego Ibarra mostrará aos viandantes a educación secuestrada nunha Ucraína en guerra. Thevenin poñerá luz sobre a negrura á que administracións e compañías eléctricas condenan a miles de nenos e nenas na Cañada Real, Madrid, desde fai xa catro anos. Marta Moreiras trae ata Coruña como é ser menor e discapacitado en Guinea Bissau. Por último, Vincent Tremeau documenta as esperanzas e soños de nenos e nenas, de mozas que transitan na vulnerabilidade dos conflitos bélicos, a pobreza ou o rexeitamento social, disfrazándose co que teñen a man para soñar co que desexan ser.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136