Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 19 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Elsa Punset participará na terceira edición de FormaMOS

A atleta paralímpica Desirée Vila será outra das protagonistas deste ano e compartirá cos asistentes a súa historia persoal, exemplo de superación

Onte tivo lugar no Colexio Lar a presentación da III Edición da Feira FormaMOS na que estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a directora do CFR (Centro de Formación e Recursos) de Vigo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, Consuelo Rivera, Rodrigo Salgado Pombo, director do Colexio Lar, Julia Loureiro, concelleira Educación e unha ampla representación dos máis de 75 expositores que participarán na feira.

 

FormaMOS 2024 celebrarase os vindeiros días 10 e 11 de abril, nun horario de 9:00h a 15:00h no Pavillón Óscar Pereiro. A superficie adicada á feira ascende a 2000m2 nos que se instalarán máis de 75 expositores. Entre eles, 17 Universidades, 23 centros de Formación Profesional, 18 centros de especialidades, 5 academias de idiomas, 6 corpos e forzas de seguridade e protección cidadá e 2 agrupacións de voluntariado.

 

Incremento do 60% de visitantes

Os visitantes xa confirmados para este ano son 1678 alumnos de 9 localidades: Mos, Vigo, Porriño, Salceda, Nigrán, Redondela, Pazos, As Neves, e a Illa de Arousa. O que supón un incremento respecto ao ano pasado dun 25% máis de expositores e dun 60% máis en afluencia de visitantes.

 

Convidadas especiais de luxo

Destacan dúas convidadas especiais nesta terceira edición, como son Elsa Punset e Desirée Vila. O mércores 10 de abril estará na feira Elsa Punset, escritora e divulgadora, referencia no ámbito da aplicación da intelixencia emocional e filla do falecido divulgador científico Eduardo Punset. E o xoves 11 de abril será o turno de Desirée Vila, atleta paralímpica e ex- ximnasta acróbata, todo un exemplo de superación debido á súa historia persoal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.