DEPORTES
O atletismo galego indoor sitúase no mapa internacional
A pista indoor de Expourense foi escenario durante a pasada fin de semana da súa estrea internacional ca disputa do clásico Trofeo Ibérico Sub20 y Sub18 que enfrontaba as Seleccións de Portugal e España e onde a maiores, o público asistente, tamén puido gozar do Mitin Internacional transfronteirizo 2 países 1 destino.
Durante o desenvolvemento das mesmas, novamente o atletismo galego daba mostras da súa gran capacidade organizativa, sacando adiante de maneira destacada ambos encontros que recibiron durante os dous días, a un bo número de participantes de ambos países.
Triunfo da Selección Española
No terreo deportivo, a Selección Española colleitaba os triunfos por equipos tanto na categoría Sub20 como na Sub18 sobre a Selección portuguesa logo de sumar un total de 17.681 e 17.733 puntos respectivamente.
No apartado individual, houbo empate de victorias para ambos equipos; por unha banda as que lograron Diego Darias en heptatlón Sub20 (5.372 p.), segunda mellor marca de sempre nesta categoría e Laura Martínez (3.528 p.) en pentatlón Sub20 e en Sub18 e pola outra os triunfos lusos a cargo de Denis Hrabar (5.418 p.) en Sub20 e Natacha Cande (4.040 p.) en Sub18, destacando aquí o segundo posto da campioa de España Itsaso Madariaga, que elevou a súa marca persoal ata os 3.890 puntos, que a colocan terceira de todos os tempos.
Recoñecemento
Durante o transcurso do Trofeo Ibérico, o presidente da FGA Iván Sanmartín quixo facer entrega dunha placa á Federaçaõ Portuguesa de Atletismo como mostra de agradecemento e gratitude polo sempre excelente trato e atencións que reciben os atletas galegos que toman parte nas distintas probas que se organizan anualmente no pais irmán. Lembramos que a proximidade xeográfica e histórica de ambos paises, fai posible a importante presenza de atletas galegos e galegas (especialmente da zona das Rias Baixas) quenes acuden en no menor número ás distintas probas organizadas pola Federação lusa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60