Lunes, 15 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 20 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O PP de Tomiño denuncia apagóns no alumeado público

Os populares revelan que o centro de Figueiró leva máis dunha semana completamente a escuras polas noites e consideran “inadmisible” esa situación, ao tempo que alertan de que os cortes e caídas na iluminación se reproducen, con menor intensidade, noutros lugares

O grupo municipal do PP de Tomiño vén de denunciar diversos problemas no alumeado público do concello despois de que, nos últimos días, se estean a producir prolongados apagóns nos puntos de luz que están a afectar principalmente á praza central da parroquia de Figueiró, pero que tamén se están a detectar, con menor intensidade e periodicidade, noutros lugares e camiños.


Os populares revelaron que o centro de Figueiró leva máis dunha semana completamente a escuras polas noites, o que motivou que moitos veciños desta contorna lles trasladaran as súas queixas por esta situación, e tamén que os problemas do alumeado público se están a reproducir cunha menor gravidade noutros puntos do rural tomiñés.


A voceira municipal, Lara Meneses, considera que estes cortes e caídas son “inadmisibles”, xa que prexudican moito a calidade de vida da veciñanza tanto para os seus desprazamentos en vehículo ou a pé, como para a seguridade viaria ou, simplemente, a presenza cotiá nestes espazos públicos en horario nocturno.


Por todo elo, a concelleira popular vén de solicitarlle ao goberno local que esixa a inmediata reposición e o funcionamento axeitado do alumeado público á firma enerxética, xa que o Concello ten que responsabilizarse de que os servizos que ten contratados se presten de xeito correcto para non afectar aos cidadáns. Así, insta ao executivo nacionalista a que se dirixa á empresa distribuidora para demandarlle a corrección inmediata destas deficiencias, sempre e cando, como parece, sexa unha cuestión derivada do servizo enerxético e non dos báculos, farolas ou outras infraestruturas municipais dos sistemas de iluminación.


“Está claro que, se está fallando o subministro, o Concello non é culpable, pero si é responsable e competente de que o alumeado estea operativo, xa que paga as correspondentes facturas eléctricas, polo que ten que dirixirse á empresa distribuidora de inmediato e que lle poña couto a este problema”, indicou Meneses, que engadíu que, de non solucionarse estas deficiencias en próximas datas, presentará unha iniciativa para abordar esta cuestión no pleno municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.