SALCEDA DE CASELAS
O Concello reúnese coa Xunta en busca de cofinanciamento para o Penedo Redondo
O pasado 7 de Marzo, a alcaldesa Loli Castiñeira e o concelleiro de deportes Marcos Troncoso, mantiveron unha xuntanza co Secretario Xeral para o Deporte en Galicia, José Ramón Lete Lasa. Por parte do Concello presentouse o proxecto de substitución do céspede do Campo de Fútbol do Penedo Redondo, e trasladouse a necesidade de execución desta obra debido ao elevado número de persoas que diariamente fan uso das instalacións e o risco de lesión ao que están expostas. Este risco é a maior preocupación do equipo de goberno, que converte en prioritaria esta actuación na área de deportes nun Concello tan dinámico como Salceda.
O Secretario Xeral para o Deporte comprometeuse a estudiar a proposta e buscar posibles vías de colaboración, coincidindo na importancia da reforma proposta.
A federación Galega de Fútbol fixo entrega do proxecto ao Concello, valorando as obras nun total de 233.930,92€. O Concello busca agora vías de cofinanciamento, con intención de incluír parte do proxecto no Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra e completar o investimento coa aportación que poida facer a Xunta de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141