Sábado, 13 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 22 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
Nigrán

O concello de Nigrán estrea un proxecto piloto a nivel nacional para ofrecer ‘Arte Terapia’

O Concello de Nigrán estreou este mes no Auditorio Municipal un programa piloto a nivel nacional para introducir a ‘Arte Terapia’ no tratamento das persoas con diversos problemas de saúde mental (desde ansiedade a crise post-traumática, dó, depresión, crise vital...). Deste xeito, o Concello toma nota efectiva da recomendación da Organización Mundial da Saúde (OMS) en novembro de 2019 de que os gobernos e administracións introduzan as artes no sistema sanitario como complemento ao tratamento farmacolóxico e para a prevención de doenzas.

 

En concreto, esta novidosa iniciativa que se desenvolverá en 6 sesións matinais de aquí a maio, nace de xeito totalmente altruísta da man de Julio Francisco Fóthy, médico de familia do Centro de Saúde Val Miñor, e a arteterapeuta Lucía González Vicente da Fundación Eomaia, e o obxectivo é abrir o programa no mes de setembro a tódolos cupos do ambulatorio. “É un orgullo ofrecer desde o Concello de Nigrán este programa que, sabemos, non substitúe á atención médica, pero axuda na contención emocional da persoa que está agardando por unha consulta e , ao mesmo tempo, estimula a súa autonomía e autoxestión, así que estamos moi agradecidos a Julio Francisco e Lucía González de terse dirixido a nos con esta proposta”, explica o alcalde, Juan González. “Non se trata en ningún caso dun obradoiro de pintura nin un curso para aprender técnicas, sendo o propio médico de cabeceira quen prescribe a intervención, como se fose unha receta”, subliña Roberto Garrido, edil de Cultura coordinador desta iniciativa.

 

“Confeccionamos grupos onde tengamos a seguridade de que cada un poida expresarse e coñecerse a si mesmo en prol do desenvolvemento persoal; ten que haber un equilibrio de caracteres para que non se solapen uns a outros”, explica Fóthy, quen estará en cada sesión “na retagarda” para poder apoiar a Lucía González, arteterapeuta cuxos anos de experiencia avalan os bos resultados obtidos. “A arte é un medio de expresión que acompaña, que te descobre a ti mesma, e o proceso creador é imprevisible como a vida mesma, por iso é moi importante para min que un profesional médico como Julio recoñeza os seus beneficios e o prescriba”, explica Lucía, quen traballa fundamentalmente coa acuarela para que as persoas “flúan” co pincel deixándose levar e sen pensar demasiado. “Isto non é un obradoiro libre, son sesións previamente moi preparadas, dirixidas en todo momento, cunhas normas claras e que culminan cunha ‘recollida’, isto é un encontro compartido nesta contorna segura para que a xente marche con asuntos cerrados e non con problemas abertos.”, matiza.

 

“Este é un programa piloto. Sabemos que os resultados van ser bos porque coñecemos a experiencia a respecto. Así que a partir de setembro traballaremos para lograr fondos que o cubran e que os pacientes sexan derivados de maneira equilibrada dos 9 cupos do CS Val Miñor Xunqueira, coa posibilidade de ampliar a oferta aos CS Gondomar, CS Panxón, CS Baiona. Queda moito traballo”, recoñece Julio.

 
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.