DEPORTES
Uns 400 atletas compiten en CrossTraining durante esta fin de semana
Daniel Benavides, Luisa Sánchez e Nidia Arévalo presentaron hoxe a II Edición de Molis Legend, que se celebra no Pavillón Óscar Pereiro
Esta tarde presentouse no Pavillón Óscar Pereiro a II Edición Molis Legend, competición internacional de CrossTraining, organizada polo ximnasio mosense Molis Box e que conta coa colaboración de Deporte Galego da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Mos, entre outros patrocinadores.
Á presentación asistiron Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, Daniel Benavides, Xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Luisa Sánchez, Vicepresidenta Segunda da Deputación de Pontevedra e Deputada de Deportes, Adrián Álvarez Loureiro, emprendedor mosense, propietario do Ximnasio Molis Box e organizador do evento, e Feli Rodríguez, concelleira de Deportes do Concello de Mos.
A competición celebrarase esta vindeira fin de semana, os días 23 e 24 de marzo no Pavillón Óscar Pereiro coa participación de 400 atletas chegados de España e Portugal, 50 membros en staff e 7 eventos e categorías diferentes.
O evento deportivo contará con zona shopping, zona outdoor e zona FoodTrucks. Isto é, contarase con zona habilitada para stands comerciais, bar, zona de comidas...
A afluencia prevista para este evento é de sobre 1.000 persoas, contando atletas, xuíces, equipo de Molis Legend, e público; cos beneficios que elo supón para a localidade.
Participarán 400 atletas, que xa están confirmados, e virán chegados de toda España e Portugal. O evento repartirase en 7 categorías diferentes, tanto individual como parellas mixtas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60