Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 22 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

A piques de rematar as obras do Plan Hurbe da contorna da Capela de San Eleuterio

Só falta por finalizar a instalación de pérgolas, axardinamento, iluminación e remate da pavimentación

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou as obras do Plan Hurbe de humanización da contorna de San Eleuterio; que comezaron a finais do pasado mes de agosto, e están a piques de rematar, quedando só pendente a instalación de pérgolas, axardinamento, iluminación e remate da pavimentación.

 


A rexedora municipal Arévalo, puido comprobar in situ e de primeira man o gran avance dos traballos que xa tocan ao seu fin.


Para esta obra Xunta de Galicia e Concello de Mos destinan un total de 1,03 M de € e a actuación acométese ao abeiro do chamado Plan Hurbe, un programa impulsado polo goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza. A Xunta tamén construirá na zona de San Eleuterio, parroquia de Tameiga, Vivenda de Protección Oficial, VPO, 100% pública; co que pasará a converterse no gran San Eleuterio.

 

Como se dixo, a Xunta de Galicia e o Concello de Mos destinan 1,03 millóns de euros á humanización da contorna da ermida de San Eleuterio, en Tameiga, segundo o convenio de colaboración que hai asinado entre as administracións autonómica e local. Esta actuación ten como obxectivo converter a contorna desta ermida nun espazo público de calidade no que se lle dará prioridade total aos peóns sobre os vehículos. A Xunta financia o 70% da obra e o concello asume o 30% restante.

 

Con esta obra ponse en valor unha vez máis a colaboración estreita e coordinada entre Xunta e Concello de cara a dotar ao municipio de espazos públicos de calidade. Así, desde 2019 xa se levaron a cabo outras actuacións ao abeiro desta iniciativa, como a mellora da contorna da Casa Consistorial, a mellora urbanización e da pavimentación da urbanización de San Eleuterio, a humanización da contorna parroquial de San Mamede e a mellora integral da urbanización de San Rafael en Pereiras.

 

As devanditas actuacións, supoñen un investimento global de 2,8 millóns de euros para mellorar as contornas públicas e humanizar rúas e prazas da localidade mosense.

 

Neste caso da contorna da Ermida de San Eleuterio as obras consisten na dotación de zonas verdes, na renovación completa do mobiliario urbano e na remodelación total da pavimentación da zona, ademais da protección de todos os elementos culturais como a propia ermida de San Eleuterio, e o cruceiro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.