O PORRIÑO
Andainas saudables para promover a actividade física entre os maiores do Porriño
O Centro de Saúde do Porriño, en colaboración co Concello, pon en marcha un programa de andainas dirixidas a maiores de 65 anos
O Centro de Saúde do Porriño en colaboración coa concellería de Sanidade, que dirixe Teresa Veloso, pon en marcha un programa de Andainas Saudables dirixido a persoas maiores de 65 anos.
“Este programa impúlsase cun dobre obxectivo, por unha banda promover a actividade física e un envellecemento activo, e por outra loitar contra o illamento social que tanto afecta aos nosos maiores, indicou o alcalde”, Alejandro Lorenzo.
As andainas durarán aproximadamente unha hora e os participantes irán acompañados por persoal sanitario do Centro de Saúde do Porriño e voluntarios de Protección Civil. A marcha discorrerá polo paseo do Louro.
Serán todos os mércores, ás 10:30 h e ás 19 h, e venres, ás 10:30 h, dos meses de abril, maio e xuño. Para participar é necesario inscribirse no rexistro do Concello do Porriño indicando as quendas nas que se quere participar.
“Estas andainas son unha oportunidade perfecta para evitar o sedentarismo, movernos un pouquiño e á vez compartir momentos, establecer lazos e coñecer xente”, explicou a concelleira, Teresa Veloso, “Por iso, anímovos a todos e todas a participar e movernos xuntos!”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60