VIGO
Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down
O venres 22 celebrarase o II Desfile Inclusivo de entidade xunto a Decathlon e Discamino, no centro comercial Vialia
DOWN Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down, que terá lugar o próximo 21 de marzo, con iniciativas para visibilizar a inclusión real e romper os estereotipos que, aínda a día de hoxe, permanecen na sociedade.
O venres 22 de marzo ás 18:00 horas celebrarase o II Desfile Inclusivo, en colaboración con Decathlon e coa participación de Discamino. Esta iniciativa solidaria, que busca sensibilizar acerca da diversidade, o deporte e mais o traballo en equipo, celebrarase no escenario Vigo Exporta do centro comercial Vialia. Así, persoas coa Síndrome de Down e outras diversidades intelectuais e motoras compartirán pasarela con traballadores/as de Decathlon, para entre todos amosar que todo tipo de deporte pode ser unha ferramenta de desenvolvemento individual e colectivo. Ese mismo día, ás 17:30 horas haberá unha actividade infantil inclusiva.
Durante toda a semana, a entidade organizou diversas iniciativas en centros educativos da cidade, como unha charla co alumnado do Colexio Mariano e mais unha sesión deportiva conxunta co CPR Santa Cristina.
Pola súa parte, a Federación Down Galicia celebrará un acto conmemorativo con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down no Teatro Jofre de Ferrol, coincidindo co 30 aniversario da asociación Teima Down Ferrol.
Campaña de Down España
Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, DOWN ESPAÑA lanza a campaña #ExtraCapacitados. Trátase dun vídeo no que o humor e a ironía son protagonistas, coa mensaxe de que as persoas coa síndrome de Down están ‘extracapacitadas’ para aproveitar as oportunidades laborais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136