MOS
Mos realiza unha prantación de especies autóctonas con motivo do Día da Árbore
Cereixeiras, Castiñeiros, Carballos, Sobreiras Aciñeiras, Bidueiros, e Freixos prantáronse simultáneamente esta mañá por parte de comunidades de montes, colexios públicos do municipio e Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS
A concellería de Medio Ambiente do Concello de Mos entregou preto de 600 exemplares autóctonos para realizar unha prantación de árbores simultánea e masiva convocada para a mañá de hoxe, data na que se celebra Día Mundial da Árbore ou Día Mundial dos Bosques.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente, Laura Méndez, compartiron a prantación coa cativada do CEIP Pena de Francia nos xardíns do exterior do centro educativo.
Neste sentido Arévalo, rexedora local mosense, declarou que “con iniciativas coma esta desde a administración local queremos concienciar á veciñanza e aos escolares monsenses na loita contra o cambio climático. Para elo desenvólvese desde o departamento de Medio Ambiente este proxecto de reforestación participativa”.
Para facer posible o acto desta mañá a Dirección Xeral de Planificación e Ordeación Forestal da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, aportou a este proxecto un total de 550 unidades de árbores autóctonas. A concelleira de Medio Ambiente, Laura Méndez, informou de que as especies ás que pertencen estas preto de 600 árbores son Cereixeiras, Castiñeiros, Carballos, Sobreiras Aciñeiras, Bidueiros, e Freixos.
Ademais a recoñecida mestra mosense da parroquia de Dornelas, e amante do medio ambiente, Dorinda Castro, encargouse da redación dun manifesto conmemorativo do Día da Árbore.
A prantación masiva, participativa e simultánea de árbores realizada esta mañá fíxose por parte das Comunidades de Montes en Man Común de Mos, Torroso, Guizán, Petelos, Cela, Louredo, Dornelas e Pereiras; os CEIPs de Petelos, Atín-Cela, Pena de Francia, Mestre Martínez Alonso e Mestre Valverde Mayo e a Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS. Con esta prantación simultánea de exemplares autóctonos durante esta mañá, ademáis de conmemorar o Día da Árbore e dos Bosques, celebrouse o comezo da Primavera.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22