MOS
O mes da muller continúa a celebrarse en Mos cun encontro interxeracional
O obxectivo da actividade é a recuperación da memoria histórica en canto á implicación e o papel da muller en todos os ámbitos da sociedade. Recoñecer o traballo das avoas e bisavoas mosenses… leiteiras, muiñeiras, lavandeiras, traballadoras do campo… e darllo a coñecer á cativada do municipio
Mos continúa coa súa programación conmemorativa do 8M realizando un encontro interxeracional entre escolares de Primaria e mulleres das parroquias de Pereiras, Sanguiñeda e Tameiga na zona da Senda dos Muíños e do lavadorio de Pereiras. As mulleres, caracterizada de época charlaron co alumnado de 5º de Primaria dos CEIPs do Concello de Mos (96 nenos e nenas en total) e incluso compartiron parte da mañá lavando a man no lavadoiro. Explicáronlles como eran eses labores que realizaban, así como o funcionamento dun dos muíños.
Ao encontro asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Igualdade, Leo Costas, cuxa concellería organiza esta actividade en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Mos e coa concellaría de Educación. A iniciativa estivo conducida por membros do CIM, Alba Bugarín e Ana Rodríguez Cabaleiro, e polo guía da parroquia de Pereiras Daniel Lago.
Con esta actividade lúdica preténdese por en valor o traballo das mulleres, visibilizando o que permaneceu invisible e minusvalorado durante anos, a actividade produtiva da muller en oficios que non son nin valorados nin recoñecidos.
“A nosa sociedade actual, con obxectivos decididos pola igualdade e pola eliminación da discriminación de xénero, demanda a recuperación da memoria histórica en canto a implicación e o papel da muller en todos os ámbitos da sociedade. Unha memoria onde as mulleres de hoxe poidan recoñecerse e a vez reivindicar a todas aquelas millóns de mulleres que co seu traballo silencioso contribuíron a construír unha nova realidade, unha realidade máis igualitaria que permitirá nun futuro non moi lonxe, falar dunha sociedade en igualdade real” declarou Costas, edil de Igualdade mosense.
Dende fai varios anos, o Concello intenta unir pasado, presente e futuro das mulleres, recordando a través de profesións, oficios, negocios, etc., como eran fai uns anos, como é na actualidade e cal é o futuro.
A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, salientou que “queremos a través desta actividade lúdica, por en valor o papel da muller e o coñecemento por parte das novas xeracións, dos traballos e das experiencias destas mulleres. Estes encontros fan que as novas xeracións coñezan que as mulleres de antes non o tiveron nada fácil, que coñezan as súas historias, descubran historias de superación, a súa forza... É a nosa obriga que as novas xeracións e as futuras coñezan como era a situación das súas avoas e bisavoas... e é moi importante que o legado que nos deixaron todas estas mulleres non se perda, non quede no esquecemento e se transmita, porque a igualdade de hoxe e do futuro vén do traballo e do camiño andado polas mulleres do noso pasado”. De ahí esta saída lúdico-didáctica de recoñecemento a todas esas mulleres que tiñan que ir aos pilóns, aos lavadoiros, aos muíños, aos labores do campo... Estes espazos supoñían para elas un punto de encontro con outras mulleres, coas que non só compartían estas tarefas senón que compartían experiencias vitais, axuda e consellos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22