DEPORTES
Lete destaca a puxanza galega do hóckey patíns con novos éxitos como os das rapazas do Raxoi
Enxalza ao equipo feminino que ademais está a facer unha excelente tempada na segunda máxima categoría do hóckey patíns feminino ocupando a segunda posición que suporía o seu ascenso á OK Liga Feminina
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, recibiu nesta semana ao Hóckey Club Raxoi que vén de proclamarse subcampión da Copa SAR a Princesa Feminina de hóckey patíns 2024 en Mieres, Asturias. O mandatario galego destacou o “enorme traballo” do equipo compostelán co que queda demostrado, unha vez máis, o “excelente estado de saúde do deporte feminino que cada semana enche de éxitos as vitrinas do deporte galego”.
Na recepción celebrada nas dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, na que estiveron presentes a vicepresidenta, Covadonga Rodríguez; a adestradora, Ainhoa García e oito xogadoras, Lete Lasa reforzou o compromiso da Xunta de Galicia co Hóckey Club Raxoi que xa é un equipo consolidado no Plan de Patrocinio Publicitario dos equipos de alta competición de Galicia que desenvolve a Fundación Deporte Galego dende 2022.
Ademais, o secretario xeral lembrou outras axudas que recibiu o Raxoi con respecto a actividade, reactivación ou equipamento que contribuíron a que as axudas da Xunta cheguen aos 40.500 euros desde 2009.
Lete Lasa enxalzou ao equipo feminino do Hóckey Club Raxoi que ademais deste subcampionato está a facer unha excelente tempada na segunda máxima categoría do hóckey patíns feminino ocupando a segunda posición da clasificación da OK Liga Prata Feminina, o que suporía o seu ascenso á OK Liga Feminina. Neste sentido, o secretario xeral puxo de manifesto a importancia de Galicia como potencia no hóckey patíns con equipos como o Hóckey Club Liceo -equipo máis laureado de Galicia- e o Hóckey Club Coruña, ambos os dous equipos pelexando nos postos máis altos das máximas categorías masculina e feminina, respectivamente. Por último, Lete Lasa desexou tamén a mellor das sortes ao Hóckey Club Cambre e ao Hóckey Club Ponteareas que acompañan ao Raxoi na segunda máxima división estatal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60