Galicia
Este verán comezan a construirse ou rehabilitarse preto de 400 novas vivendas de promoción pública
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno galego terá en marcha este verán as obras para a construción ou a rehabilitación de preto de 400 novas vivendas de promoción pública (VPP), concretamente 395, nas que preve investir máis de 45 millóns de euros.
Deste xeito, Rueda puxo en valor que todas estas vivendas estarán en execución dentro dos prazos "comprometidos" para os primeiros meses desta nova Lexislatura e co obxectivo, segundo destacou, "de finalizala cun parque público en Galicia de 8.000 vivendas", sumando as promovidas directamente pola Xunta e as que se fagan a través de cooperativas coa colaboración público-privada.
O mandatario galego en funcións precisou que estas vivendas localizaranse nos concellos de Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol, Ourense, Mondoñedo e Viveiro, en liña co compromiso do Goberno galego de prestar unha atención especial ás necesidades residenciais das grandes cidades, xa que son estes municipios os que concentran entre o 75 e o 80 % dos inscritos no Rexistro de demandantes do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
Ademais, destacou o "dato importante" de que as taxas urbanísticas que vai abonar a Xunta aos concellos onde se van localizar estas 400 VPP suporán arredor de 2,7 millóns de euros, "o que traducido a número de vivenda permitiría a construción de 20 vivendas máis".
Rueda explicou que o Consello foi informado hoxe da previsión de inicio destas actuacións, que se encadran na Estratexia para a promoción de vivenda pública e o impulso da vivenda protexida aprobada o ano pasado polo Executivo galego co obxectivo de reforzar o actual parque público residencial ata conseguir as 5.600 vivendas en 2026 a través, entre outras medidas, do impulso de obras de nova construción ou da rehabilitación de inmobles xa existentes tanto por parte da Xunta como dos concellos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141