Viernes, 12 de Diciembre de 2025

Jesús Carrera
Lunes, 01 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
ACTUALIDAD

A procesionaria do piñeiro: Ciclo de vida

Segundo os expertos, todo apunta a que o cambio climático foi o que adiantou a xaneiro un feito que habitualmente ocorre a finais da primavera, sobre os meses de maio e xuño

A primavera está á beira de chegar, pero as cálidas temperaturas tanto no outono como no inverno, con unha temperatura entre os 22 e 25ºC en algúns momentos, posiblemente ao cambio climático, fai que xa se comece a ver nas copas dos pinos unha especie de tea brancacenta onde se alberga unha praga para uns, para outros non, a chamada: Procesionaria do pino. Alimentanse das follas dos pinos e doutras coníferas que, na mesma época estacional, coincide con outra oruga de aspecto semellante, pero con características moi diferentes: Oruga de prado da que falaremos máis adiante xunto coa oruga procesionaria.


O ciclo vital da procesionaria ten varias fases: Fase ovo, larvaria, crisálida e adulta, a posta de ovos que unha vez fecundados, tardan entre 30 e 40 días en eclosionar. A fase larvaria, tarde 6 meses, a oruga cambia de tamaño e de cor desenvolvendo os pelos urticantes prejudiciais para os humanos provocando irritación en ouvidos, nariz e garganta e en animais como os cans e gatos, reaccións alérxicas incluso provocar a morte. Outra fase, a crisálida, é cando ocorre a metamorfose de larva a adulto. E, por último, a fase adulta, que é a máis curta, pode durar dous días como máximo na cal deben cumprir coa reprodución e iniciar de novo o ciclo.


[Img #87756]Todos estes ciclos, ocorren no niño que se atopa nas ramas máis altas dos árbores, onde máis reciben o sol, estes niños son de seda branca natural e onde estes (denominados bolsas), aparecen durante o inverno. As bolsas son utilizadas polas procesionarias para protexerse do frío. Nesta fase, a súa alimentación é nocturna no propio árbore que as acolle poidendo causarlle graves danos ao comer eses brotes xóvenes, chegando a secar.


As altas temperaturas, en algúns casos superando os 30ºC, fixeron que, o que sería habitual a partir de abril-maio, xa en xaneiro, xa apareceron os primeiros niño de procesionaria (Traumetopoea Pityocampa). A procesionaria do pino, é unha polilla ou bolboreta que ten un ciclo vital complexo, porque ao igual que o recurrido refrán: “Acordámonos de Sta. Bárbara cando trona”, acordámonos destes seres no inverno e primavera ao observar os seus niño, a oruga urticante.


Cos primeiros calores do verán, as larvas que no inverno e primavera permaneceron no niño, unhas bolsas brancas e sedosas, que son fáciles de ver e sendo este o seu refuxio. Cando xa son adultas na súa última fase do seu crecemento, desenvolven unha serie de pelos urticantes de cor brancacenta e anaranxado para protexerse de calquera posible depredador, estes pelos denomín anse “tricomas”, calcúlase que cada individuo, posúe ao redor de uns 500.000 listos para exercer de dardos envelenados, pode chegar a irritar a pel e mucosas do humano e tamén a dos animais especialmente os cans movidos pola curiosidade ao achegarse a oliscar a estas orugas co fin de identificalas, xerando alerxias severas.


Estas orugas descenden das copas dos pinos en fila india, como se fose unha procesión e por ese comportamento, recibe o nome de procesionaria. Estas procesións son sempre lideradas por femias que se dirixen todas a enterrarse en grupo, entre uns 15 e 20 centímetros de profundidade, onde as perderemos de vista entrando en fase de dormición até que, as condicións sexan óptimas e será cando poderán emerxer como fermosas bolboretas no verán. Como dato curioso sobre estes animais, poden estar anos, ata sete segundo estudos, nesta fase baixo terra esperando a saír como bolboreta, o “triste”, cousas da natureza que, despois dese longo agardo de tanto tempo, estas mariposas, vivan unha media dun día.


Na mesma época estival, coinciden dúas orugas de aspecto semellante, pero de características moi diferentes que son: As orugas do prado e as orugas procesionarias. Como diciamos en parágrafos anteriores, o aumento de temperaturas provocou que estes insectos en fase larvaria, despracense en busca de comida. A oruga dos prados u oruga peluda, coñecida polo seu nome científico: Ocnogyna Baética e a procesionaria do pino: Traumetopoea Pityocampa, son especies distintas que non pertencen nin sequera ao mesmo xénero, con todo, ambas son bolboretas nocturnas na súa fase final, pudiéndose converter en praga. Son moi parecidas entre si, xeran alarma entre as persoas xa que resulta distinguilas claramente. Pode sorprender ver centos de orugas no chan despertando preocupación. Pero ¿Cales son as diferenzas? Respecto ás orugas do prado, coñecidas tamén como peludas, son de corpo alargado marrón, branco e negro e cubertas de pelos suaves e densos. Son de tamaño mediano a grande. Con todo, as orugas procesionarias son á vista diferentes, o corpo é máis curto pero grosso, se as comparamos coas do prado, están cubertas de pelos urticantes que como xa dixemos, poden ser perigosas. Otra diferenza, é que a oruga do prado, adoita habitar en áreas verdes e abertas (campo) mentres que a procesionaria, prefire entornos boscosos e coníferos (normalmente piñeiros), a oruga do prado, é inofensiva e non representa ningún risco para os seres humanos nin animais, alimentase de follas e plantas. Ambas supoñen un alimento básico para as aves.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.