DEPORTES
Mos converteuse esta fin de semana en epicentro internacional do crosstraining
A II Edición de Molis Legend celebrouse no Pavillón Óscar Pereiro e reuniu a a 400 atletas chegados de toda España e Portugal
3.000 persoas e 5.000€ en premios son as cifras que resumen esta pasada fin de semana en Mos a nivel deportivo. A protagonista do deporte mosense os días 23 e 24 de marzo foi a segunda edición da Molis Legend, unha competición internacional de CrossTraining que incluíu 7 categorías diferentes.
Os vencedores de cada unha destas sete categorías resultaron ser:
Scaled masculino: Fran da Silva.
Scaled femenino: Iris Soto Blanco.
Rx masculino: Carlos del Arco Troncoso.
Rx femenino: Andrea Moreira.
Parellas escalado: Valeria Gomes Aanido e Alejandro, de Crossfit Berkana.
Parellas master: Sandra Macías Franco e Francisco Badiola, de Crossfit OVD.
Parellas rx: Jon Urrutikoetxea e Paula Rodríguez, de Max Effort.
A entrega de premios da II Edición Molis Legend, celebrada onte pola tarde no Pavillón Óscar Pereiro, contou coa presencia da alcaldesa Nidia Arévalo, a concelleira de Deportes, Feli Rodríguez, e as tamén edís mosenses Julia Loureiro e Laura Méndez.
Molis Legend é unha competición internacional de CrossTraining, organizada polo ximnasio mosense Molis Box e que conta coa colaboración de Deporte Galego da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Mos, entre outros patrocinadores. Adrián Álvarez Loureiro, emprendedor mosense, propietario do Ximnasio Molis Box é o organizador do evento.
A competición celebrouse esta pasada fin de semana, os días 23 e 24 de marzo no Pavillón Óscar Pereiro coa participación de 400 atletas chegados de España e Portugal, 50 membros en staff e 7 eventos e categorías diferentes. O evento deportivo contou con zona shopping, zona outdoor e zona FoodTrucks. Zona habilitada para stands comerciais, bar, zona de comidas...
A afluencia superou todos os records e cálculos previstos pois fixérase unha estimación de sobre 1.000 persoas, contando atletas, xuíces, equipo de Molis Legend, e público; e finalmente acadáronse as 3.000 persoas.
Participaron 400 atletas chegados de toda España e Portugal. O evento repartiuse en 7 categorías diferentes, tanto individual como parellas mixtas. O nome da competición fai referencia a Mos, xa que Terra de Molis no século XII facía referencia á zona, e a rosa do logo é a que se atopa nos escudo e bandeira do Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60