Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño incrementou a inversion en atención social nun 68,13% os últimos tres anos

O gasto nos Servizos Sociais reforzouse anualmente superando no 2023 os 2,5 M de euros, un 31,14% máis que o anterior exercicio

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Benestar Social, Abel Estévez, fixeron hoxe balance da xestión realizada polos Servizos Sociais do Concello do Porriño, un departamento fundamental para protexer ás persoas máis vulnerables.


O Goberno Municipal mantén a súa forte aposta por este área tan sensible, invertindo no último ano máis de 2,5 M de euros, un 31,14% máis que no anterior exercicio. O reforzo da inversión na atención social por parte do executivo incrementouse nun 68,13% desde o ano 2020.


“Os Servizos Sociais son un eixo fundamental do Concello dando resposta á veciñanza máis vulnerable e que máis o necesita”, apuntou o alcalde, “O traballo que realizan moitas veces é invisible pero sen eles deixaríamos a moita xente atrás. Por iso reforzaremos sempre as nosas políticas sociais e tamén inversión”.


As cifras reflicten a importancia dos Servizos Comunitarios, que pechan o 2023 con 5.928 atencións de información, orientación e asesoramento á veciñanza no que respecta a recursos públicos en xeral.


Ademais, lévanse a cabo diferentes programas municipais creados directamente para respostar a necesidades detectadas a través da propia actividade do departamento. Entre eles, o Programa municipal de emerxencia social, do que se tramitaron 85 solicitudes relacionadas con necesidades de carácter básico (alimentación, farmacia, etc...) e outro de caracter urxente, o Programa de Bono enerxético municipal do que se benefician 213 familias, o Préstamo de axudas técnicas que resolveu de xeito favorable o prestamo de 13 camas articuladas e 3 grúas eléctricas, a intervención no Servizo de axuda no fogar que atende a 147 persoas, Xantar na casa con 14 usuarios ou a Teleasistencia, tramitando o traslado de 59 usuarios ao sistema de Dependencia.


Outro dos programas fundamentais é o programa de alimentos SOS Porriño, no que causaron alta o pasado ano 222 familias, ao que hai que sumar Xoguetes polo Nadal que achegou lotes de xoguetes libros a 109 menores.


Infancia e educación
A infancia e a educación é un dos grandes núcleos deste departamento, intervindo a través de diferentes programas. No marco do Programa de Educación Familiar atendeuse a 130 familias, 80 persoas participaron no Programa de formación básica para familias en situación de risco, centrándose na preparación do graduado da ESO, e 81 menores o fixeron no Programa de reforzo escolar. Cabe destacar deste último o alto nivel de satisfacción das familias e a mellora dos resultados académicos dos pequenos/as. Ademais, está funcionando como un importante elemento prpotector fronte ao abandono escolar. Destacable tamén é o Servizo de Atención Temperá, que atendeu a 89 menores.


Maiores
Os maiores tamén xogan un papel importante no día a día dos servizos sociais con programas de respiro familiar, Obradoiros de prevención do deterioro cognitivo no que participaron 36 persoas, Depotermal ou Tempo para Nós, con máis de 310 usuarios/as. Á xestión nesta área hai que suma as tramitacións da área de inclusión, dependencia, discapacidade ou pensións non contributivas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.