Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 27 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
MOS

Desaparecen 50 unidades de tapas de alcantarilla en Mos

Dende o Concello aseguran que foron "roubadas" durante a última semana

As presuntas substraccións localízanse en catro zonas concretas e a Garda Civil xa se atopa inverstigándoas tras a pertinente denuncia municipal

O tenente de alcaldesa do Concello de Mos e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e o edil mosense de Servizos Públicos, Baldomero Lorenzo, informaron de que a administración local vén de repoñer un total de 50 tapas de pluviais e alcantarilla que foron substraídas durante a última semana.

 

 

Os roubos das devanditas tapas producíronse en catro zonas diferentes: na Estrada Puxeiros-Peinador ao seu paso pola parroquia de Torroso, na Avenida de Sanguiñeda, na Estrada Santiaguiño-Os Valos e na Estrada das Baloutas, preto xa do Alto de Barreiro.

 

Os representantes municipais Grandal e Lorenzo, explicaron que xa se atopa interposta a pertinente denuncia perante a Garda Civil, que está a investigar os sucesos. Así mesmo os concelleiros lamentan que se estean a producir “estes feitos que provocaron a desaparición de medio cento de tapas de pluviais e alcantarilla en viais municipais, unha perda valorada en alomenos 2.000 euros”, apuntaron mentres supervisaban esta mañá en Torroso varias das tapas repostas na Estrada das Baloutas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.