PROVINCIA
A Xunta celebra a posta en marcha da nova oficina de emprego de Cangas
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, destacou que -con case 1,2 M€ de investimento- a nova infraestrutura permitirá dar resposta ás necesidades dos concellos de Cangas, Moaña e Bueu aos que presta servizo
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou nesta semana a nova oficina de emprego de Cangas, que cualificou dunha infraestrutura primordial na procura dun mercado laboral de calidade onde casar oferta e demanda, obxectivo principal do Goberno autonómico. Con case 1,2 millóns de euros de investimento, as novas instalacións permitirán dar continuidade ao traballo que, desde a Xunta de Galicia, supuxo atender o ano pasado máis de 15.000 citas da comarca do Morrazo.
A oficina que dará servizo aos concellos de Cangas, Moaña e Bueu conta cunha superficie de case 900 m² e alberga os dous servizos públicos de emprego: o galego e o estatal. Proporcionando máis espazo tanto para as persoas usuarias como para as traballadoras, a infraestrutura dispón dun posto de información, dun sistema intelixente de control de espera, dunha distribución do persoal orientada a servizos, de espazos de usos múltiples con equipamentos multimedia, de arquivo e de sala técnica de informática, entre outros espazos.
O obxectivo é facer que esta oficina se converta nun punto de referencia para o emprego na comarca do Morrazo, no marco da modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia que neste 2024 suporá un investimento por parte da Xunta de 8,5 millóns de euros.
Á renovación de oficinas coma esta -con investimento en equipamento, obras e novas infraestruturas-, súmase o reforzo do servizo de orientación laboral e prospección empresarial e a consolidación da ferramenta EMi que sincroniza oferta e demanda en tempo real grazas á intelixencia artificial e á analítica avanzada, co gallo de conseguir dar resposta ás 12.000 vacantes laborais existentes en Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60