PONTEAREAS
Rouban máis de 200 metros de cable do alumeado público en Ponteareas
A administración local pide a colaboración cidadá para que dea aviso no caso de que perciba movementos sospeitosos relacionados con estes furtos
O Concello denuncia o roubo de cable do alumeado público e traballa de maneira conxunta coa Garda Civil co obxectivo de identificar ás persoas que cometen este delito. Recentemente, tivo lugar na parroquia de Bugarín o furto de algo máis de 200 metros de cable de cobre, nun núcleo de vivendas illado, polo que a concellería de Seguridade pide a colaboración dos veciños e das veciñas para avanzar no proceso de investigación.
O conxunto dos cables de iluminación supoñen elementos fundamentais para garantir o correcto alumeado nas vías e cuxa reposición supón un gasto elevado para as arcas municipais. É por isto que a administración local pide a colaboración dos veciños e das veciñas para que dean aviso ás forzas e corpos de seguridade no caso de que perciban algún movemento sospeitoso relacionado con estes furtos.
O tenente de alcalde, Juan Carlos González, indica que “traballamos de forma conxunta coa Garda Civil para identificar ás persoas que procederon ao roubo co obxectivo de que cesen estas prácticas ilegais que van en contra dos recursos de todos os veciños e as veciñas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101