Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 28 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
Mos

O Concello de Mos inicia programas de andainas saudables e medioambientais

Inicianse dous programas de andainas medioambientais, saudables e inclusivas, organizadas e promovidas polo Concello de Mos, sumando un total de 14 saídas. O 7 de abril terá lugar a primeira das Rutas Saudables coincidindo co Día Mundial da Saúde, e o 14 de abril darase inicio ao programa AndaMos, incluído no CoidaMos da concellería de Medio Ambiente mosense.

 

 

As concelleiras de Política Social e Medio Ambiente de Mos, Sara Cebreiro e Laura Méndez, respectivamente, anunciaron a celebración, durante o mes de abril, das primeiras andainas dos seus programas Rutas Saudables e AndaMos.

 

"As Rutas Saudables 'Andar é Saúde' comezarán coa saída conmemorativa do Día Mundial da Saúde, o 7 de abril, ás 10.30 horas desde o Multiusos das Pozas, facendo un percorrido de 5 quilómetros de lonxitude.

 

Este é un programa de 8 andainas saudables que aúna saúde e inclusión social, organizado en conxunto con EVD, sendo as usuarias do centro mosense as que guiarán as rutas. Cada andaina conmemorará un Día Internacional relacionado coa saúde e irá precedida dunha charla informativa sobre cada tema en concreto.

 

Este proxecto xurdiu a raíz dunha Mesa da Saúde organizada polo Concello de Mos e en base á demanda da poboación da contorna, da organización de andainas grupais. É unha oportunidade para aportar valor á comunidade, ao tempo que se favorece a socialización e a inclusión.

 

O programa AndaMos e ConectaMos coa Natureza iniciarase coa ruta pola parroquia de Mos o domingo 14 de abril e inclúe un total de 6 andainas. A do día 14 sairá da nave da Comunidade de Montes de Mos no Camiño Pedra Pinta en Santa Marta ás 9:30h e con chegada ao mesmo lugar. Neste caso a distancia a percorrer será de 6,45 quilómetros.

 

Aconséllase levar calzado cómodo e que agarre ben, ademais de levar un bastón de sendeirismo ou calquera bastón de apoio. A ruta está catalogada para todos os públicos. Poden levarse cans, apelando á responsabilidade dos propietarios, de que estes saben convivir e levarse ben con outros cans e persoas.

 

As rutas do plan AndaMos de andainas medioambientais son de dificultade moderada e asequibles a toda a poboación de diversas idades e condicións físicas, e nas que os camiñantes poden participar acompañados polas súas mascotas."

 
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.