PROVINCIA
Esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e intelixencia artificial
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e a intelixencia artificial.
As accións formativas inícianse este luns, 1 de abril, ás 10:30 horas, co obradoiro “Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles”. O obxectivo desta acción é concienciar sobre a importancia que ten cifrar os dispositivos móbiles. O experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire empregará no taller unha ferramenta para ensinar os asistentes a facelo.
O xoves 4, en horario de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar o obradoiro “Ferramentas de vídeo con Intelixencia Artificial: Runway, HeyGen, Sora”, a terceira e última lección do itinerario formativo sobre o manexo destas técnicas computacionais. A través desta actividade, impartida tamén por Manuel Freire, darase a coñecer ferramentas que usan modelos de intelixencia artificial xerativa de vídeos como Runway, HeyGen, Sora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217