Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 29 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación publica un novo plan de formación con máis de 100 cursos para empregados públicos

As bases do Plan Agrupado de Formación Continua xa se poden consultar no Boletín Oficial da Provincia e supoñen un impulso máis na vontade municipalista do goberno provincial

A Deputación de Pontevedra acaba de publicar as bases do seu novo Plan Agrupado de Formación Continua, no que oferta un total de 101 cursos en modalidade presencial, en liña ou semipresencial para empregados públicos da provincia. A institución provincial impulsa un programa baseado na vontade municipalista do goberno provincial, xa que serve de grande apoio para o persoal dos municipios e outras entidades locais da provincia. Grazas ás accións ofertadas, benefícianse desta oportunidade de actualización das súas competencias profesionais, para así poder prestar uns mellores servizos públicos á cidadanía, adaptarse aos retos da sociedade actual e anticiparse a futuras necesidades.

 

 

Ofértanse cursos de temática variada, como manexo de ferramentas e aplicacións informáticas, idiomas e lingua de signos, contabilidade pública, pedagoxía e psicoloxía infantís, linguaxe administrativa, protección de datos, violencia de xénero, intelixencia artificial, procedemento administrativo, prevención de riscos laborais, traballo en equipo, xestión catastral, tributos, eficiencia enerxética, protocolo, a nova reforma laboral, ciberseguridade, lexislación, teletraballo, fondos europeos, atención ao público, urbanismo, contratos menores, estrés laboral, deseño gráfico, ferramentas de laboratorio, mantemento de infraestruturas públicas ou manexo de maquinaria, entre outros. Na ficha de cada curso obsérvase se o acceso á formación está restrinxida a persoal con determinados perfís ou categorías ou é de acceso libre.

 

Ademais do persoal da Deputación poden participar empregados das entidades locais que se adhiran a este plan de formación, sempre que se atopen en servizo activo ao inicio do curso ou estean gozando de permisos por parto, adopción ou acollemento. Na modalidade en liña poderán solicitar ata tres cursos por semestre, concedéndoselle un máximo de dous, mentres que para a modalidade presencial non haberá límite nas solicitudes. O prazo máximo para presentalas serán 20 días naturais antes do comezo da actividade.

 

Na actualidade están adheridos ao Plan Agrupado de Formación Continua 59 concellos (todos agás Pontevedra e Vigo: Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, Gondomar, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, O Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa), as mancomunidades do Salnés e do Val Miñor, a Escola de Enfermería, o Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo e o persoal do Consorcio Provincial de Extinción de Incendios e Salvamento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.