Lunes, 06 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 30 de Marzo de 2024 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Ponteareas avanza na xestión das colonias felinas

Co obxectivo de elaborar un plan de xestión das colonias felinas no municipio, o Concello de Ponteareas está a levar a cabo un estudo censual dos gatos comunitarios presentes na área. Este estudo busca mellorar a calidade de vida destes animais e abordar os problemas asociados á superpoboación felina.

 

 

A administración local está a colaborar activamente con dúas entidades especializadas na protección animal: a protectora Os Biosbardos e o colectivo Gatitude. Esta colaboración permitirá realizar unha integración adecuada dos gatos comunitarios na vida cotiá da vila, favorecendo a súa socialización e convivencia harmoniosa coa comunidade.

 

A concelleira de Medio Ambiente, Silvia Fernández, sinalou a importancia deste censo de gatos comunitarios como paso fundamental para o desenvolvemento do plan de xestión das colonias felinas. Destacou tamén o papel fundamental das entidades colaboradoras, subliñando o seu compromiso e labor en prol dos dereitos dos animais.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.101

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.