Martes, 16 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 01 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O PP esixe ao Ministerio de Transportes a mellora integral do firme e da seguridade viaria nas estradas nacionais da provincia

O grupo provincial presenta unha moción, que se debaterá no pleno extraordinario de mañá na Deputación, para que se adopten medidas urxentes de renovación das súas plataformas e calzadasco obxectivo de mellorar a mobilidade dos 123.496 usuarios diarios destas vías

O PP Provincial de Pontevedra vai esixir ao Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible que acometa de xeito urxente a mellora integral do firme e a adopción de medidas de seguridade viaria nos 317,5 quilómetros das 11 estradas nacionais que hai na provincia, xa que se atopan nun estado moi deficiente. Os populares presentarán esta proposta ante o pleno da Deputación, na sesión extraordinaria programada para mañá ao mediodía, e agardan ter o respaldo dos demais grupos políticos para trasladar esta demanda por unanimidade.

 

 

Os populares sinalaron que estas once estradas nacionais, que discorren por ata 28 concellos da provincia –Pontecesures, Valga, Caldas, Barro, Pontevedra, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Mos, O Porriño, Tui, Dozón, Lalín, Silleda, A Estrada, Agolada, Cuntis, Vilagarcía, Vilaboa, Moaña, Forcarei, Cerdedo-Cotobade, A Cañiza, Ponteareas, As Neves, Mondariz e Covelo– presentan numerosas deficiencias e desperfectos, sobre todo no que se refire ao estado do firme con fochancas e fendas, como consecuencia das escasas ou nulas labores de mantemento e conservación realizadas nos últimos cinco anos.

 

Ademais, indicaron que estas vías de titularidade estatal son fundamentais para a vertebración e a mobilidade do territorio provincial, posto que son empregadas diariamente por entre 110.365 e 123.496 usuarios diarios, segundo os datos oficiais de Intensidade Media Diaria (IMD) do propio Ministerio de Transportes.

 

En concreto, as estradas sobre as que se demanda unha actuación urxente son as seguintes:

Estrada

Percorrido

IMD máxima

Quilómetros

N-550

Vertebra a provincia desde Pontecesures a Tui

21.841

72,2

N-525

Bisbarra do Deza

9.044

45,4

N-640

Vilagarcía-Caldas-A Estrada-Agolada-Límite con Lugo

10.458

82,1

N-554

Vilaboa-Moaña

10.022

10,1

N-541

Pontevedra-Límite con Ourense

5.543

39,9

N-552

Redondela-Vigo norte

13.446

9,7

N-555

Redondela-Vigo sur

7.464

6,8

N-556

Aeroporto de Peinador

9.677

1,0

N-551

Tui

7.672

2,2

N-120

Vigo-O Porriño-Ponteareas-
A Cañiza-Límite con Ourense

14.439

43.4

N-559

Conexión da A-52 e N-120 no Condado e A Paradanta

759

5,6

 

Ao respecto, a deputada provincial de Infraestruturas, Isabel Couselo, explicou que esta proposta “é máis que xusta e necesaria e xurde do propósito do PP Provincial de defender ao noso territorio e esixir as melloras que nos corresponden e, sen dúbida, o mal estado das nacionais é unha das principais preocupacións das deceas de milleiros de usuarios que as empregan cada día”.

 

Así, recalcou que hai un “claro deterioro e un visible estado de abandono” das súas plataformas e calzadas na práctica totalidade dos seus máis de 300 quilómetros e achacouno ao “desleixo, maltrato e abandono” do ministerio coa comunidade galega e, sobre todo, coa provincia de Pontevedra. “Invístese tres veces máis nesta materia en Cataluña malia ter unha rede estatal máis cativa ca galega, e o Goberno de España aínda ten proxectadas ou en marcha certas actuacións nas provincias de Lugo e A Coruña, pero a nosa provincia tena completamente de lado e iso afecta gravemente á seguridade viaria”, detallou.

 

Isabel Couselo engadíu que esta situación vén de ser denunciada, practicamente a diario, polos concellos afectados, veciños, usuarios, transportistas e ata o sector turístico, “e incluso foi admitida polo propio ministro Óscar Puente recentemente no Congreso dos Deputados e tamén polos grupos da oposición provincial, xa que PSOE e BNG recolleron no seu acordo para a investidura de Pedro Sánchez o arranxo de Tramos de Concentración de Accidentes en seis das nosas estradas nacionais, dos que por certo nada sabemos, polo que cremos que hai unha unanimidade que xa  se está a converter en clamor”.

 

Finalmente, a deputada popular lamentou que o Goberno de España se agoche “detrás dunha insuficiente mellora da N-541 que se centra basicamente en Forcarei e da que non sabemos data, e dun contrato de mantemento plurianual de 112 millóns para cinco comunidades autónomas que non responde ás necesidades que teñen as estradas nacionais da provincia” e apostillou que os organismos automobilísticos independentes, como RACE ou AEA, recollen unha ducia de puntos negros na provincia, dos que dez pertencen á rede estatal e seis deles sitúanse nestas estradas nacionais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.