AS NEVES
A Deputación concede ao Concello das Neves preto de 40.000 € para realizar melloras no pavillón municipal
A achega, ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, pretende actualizar o pavimento actual, mellorando as condicións dos usuarios e deportistas
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda de preto de 40.000 euros ao Concello das Neves que, ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, permitirá instalar un novo pavimento deportivo no Pavillón de Deportes Municipal. Ata o momento, o Goberno provincial mobilizou ao abeiro deste Plan preto de 1 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas, ademais das Neves, para A Cañiza, Arbo, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Lalín, Marín, Meis, Pazos de Borbén, Poio, Redondela e Salceda de Caselas.
No caso das Neves, a achega de 38.811 euros está destinada a realizar os traballos necesarios para mellorar o pavimento do Pavillón de Deportes Municipal, co obxectivo de adecuar o espazo aos usos aos que está destinado, mellorando desta maneira as condicións dos usuarios e deportistas que empregan a diario estas instalacións.
En concreto, os traballos consistirán na instalación dun pavimento deportivo vinílico heteroxéneo para interior que contará cun sistema de rebote e absorción de impactos. Ademais, a superficie será non porosa, lisa anti-escorregadiza e bacteoriostática. Todo isto permitirá un uso intensivo que presenta unha grande absorción de impactos para o seu uso deportivo. Unha vez instalado o novo pavimento, procederase a marcar e pintar os diferentes campos de xogo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129