MOS
Mos delega na Academia Galega de Seguridade os procesos de selección de policías locais
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, co Xefe da Policía Local de Mos, Gerardo Álvarez
Faino mediante a adhesión a un convenio de catro anos de duración coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia que asume o financiamento de todos os gastos derivados da xestión e desenvolvemento dos procesos selectivos
O Pleno do Concello de Mos aprobou esta semana por unanimidade dos seus membros, en sesión ordinaria mensual, a adhesión ao convenio coa Xunta de Galicia para a asunción pola Administración da Comunidade Autonoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de Policía Local e as prazas de auxiliares de policía local.
Trátase dun convenio de colaboración entre o Concello de Mos e a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia. O convenio asínano dunha parte Diego Calvo Couso, como Vicepresidente primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e Presidente do Consello Reitor da Academia Galega de Seguridade Pública e doutra Nidia Arévalo como alcaldesa de Mos e máxima responsable da Policía Local do municipio.
Mediante a formalización deste acordo a Xunta de Galicia asumirá a convocatoria das prazas vacantes e, de ser o caso, a formación e o período de prácticas. Para elo existe a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos mediante a asunción da convocatoria das prazas vacantes dos seus corpos de policía local, incluídas, de ser o caso, as de auxiliares de policía local ou dos postos de vixilantes municipais.
Mediante o acordo do Pleno celebrado hoxe o Concello de Mos delega na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia as competencias relativas á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso ás diferentes categorías de seu corpo de Policía Local en quenda libre as prazas de auxiliares de policía local, por todo o tempo de vixencia do presente convenio.
Este convenio ten por obxecto instrumentar a delegación polo Concello de Mos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia das competencias relativas á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso a o seu corpo de policía local na quenda libre e as prazas de auxiliares de policía local.
En virtude da devandita delegación, a Administración xeral da Comunidade Autónoma asume durante o período ao que se estende a vixencia deste convenio a convocatoria e desenvolvemento de todos os procesos selectivos para as prazas da categoría de quenda libre do seu corpo de Policía local e as prazas de auxiliares de policía local, segundo as necesidades de persoal que lle sexan comunicadas polo concello.
A Administración xeral da Comunidade Autónoma asume o financiamento de todos os gastos derivados da xestión e desenvolvemento dos procesos selectivos obxecto deste convenio, con cargo aos recursos consignados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
Este convenio ten vixencia dende a data da súa sinatura ata un máximo de catro anos de duración.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, co Xefe da Policía Local de Mos, Gerardo ÁlvarezO Pleno do Concello de Mos aprobou esta semana por unanimidade dos seus membros, en sesión ordinaria mensual, a adhesión ao convenio coa Xunta de Galicia para a asunción pola Administración da Comunidade Autonoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de Policía Local e as prazas de auxiliares de policía local.
Trátase dun convenio de colaboración entre o Concello de Mos e a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia. O convenio asínano dunha parte Diego Calvo Couso, como Vicepresidente primeiro e Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e Presidente do Consello Reitor da Academia Galega de Seguridade Pública e doutra Nidia Arévalo como alcaldesa de Mos e máxima responsable da Policía Local do municipio.
Mediante a formalización deste acordo a Xunta de Galicia asumirá a convocatoria das prazas vacantes e, de ser o caso, a formación e o período de prácticas. Para elo existe a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos mediante a asunción da convocatoria das prazas vacantes dos seus corpos de policía local, incluídas, de ser o caso, as de auxiliares de policía local ou dos postos de vixilantes municipais.
Mediante o acordo do Pleno celebrado hoxe o Concello de Mos delega na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia as competencias relativas á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso ás diferentes categorías de seu corpo de Policía Local en quenda libre as prazas de auxiliares de policía local, por todo o tempo de vixencia do presente convenio.
Este convenio ten por obxecto instrumentar a delegación polo Concello de Mos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia das competencias relativas á convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso a o seu corpo de policía local na quenda libre e as prazas de auxiliares de policía local.
En virtude da devandita delegación, a Administración xeral da Comunidade Autónoma asume durante o período ao que se estende a vixencia deste convenio a convocatoria e desenvolvemento de todos os procesos selectivos para as prazas da categoría de quenda libre do seu corpo de Policía local e as prazas de auxiliares de policía local, segundo as necesidades de persoal que lle sexan comunicadas polo concello.
A Administración xeral da Comunidade Autónoma asume o financiamento de todos os gastos derivados da xestión e desenvolvemento dos procesos selectivos obxecto deste convenio, con cargo aos recursos consignados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
Este convenio ten vixencia dende a data da súa sinatura ata un máximo de catro anos de duración.






























Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22