Galicia
Convocatoria de bolsas autonómicas para interinos habilitados nacionais en Galicia
O prazo para a presentación das novas solicitudes ás bolsas de secretaría-intervención, secretaría de entrada e intervención-tesouraría de entrada, así como das actualizacións, ábrese mañá e prolóngase 15 días hábiles.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe a convocatoria para novas inclusións e actualización de méritos nas bolsas para a provisión temporal, mediante interinidade, de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional nas entidades locais galegas. Esta é a cuarta convocatoria de acceso ás bolsas de secretaría-intervención, secretaría de entrada e intervención-tesouraría de entrada, tras as realizadas en 2017, 2019 e 2021.
Con esta acción, o Goberno galego busca dar resposta ás necesidades de persoal detectadas nas entidades locais e ao incremento de postos vacantes nos concellos mediante estas novas inclusións. Ademais, a convocatoria outórgalles a posibilidade de actualizar méritos aos actuais integrantes das bolsas.
Os formularios necesarios para realizar a presentación das novas solicitudes e das peticións de actualizacións de méritos poderán ser obtidos na sede electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal/) a partir de mañá e durante o prazo de 15 días hábiles, utilizando o código PR410A para as novas solicitudes e o código PR410B para as actualizacións de méritos.
Nas tres convocatorias efectuadas ata agora producíronse 270 incorporacións nas listas autonómicas, ás que se sumarán as que sexan admitidas e superen tanto o proceso selectivo como o curso de formación desta convocatoria. En concreto, producíronse 125 integracións na subescala de secretaría-intervención, 78 na de secretaría de entrada e 67 na de intervención-tesouraría de entrada.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.188