Lunes, 15 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Martes, 02 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño pechou o ano cun cun período medio de pago de 42,81 días

Segundo o establecido pola lei, o prazo máximo de pago que deben cumprir as Administracións Públicas é de 30 días

En dous anos e medio o executivo que preside Alejandro Lorenzo asegura que baixou "en 458 días o PMP, reducindo porcentaxe de morosidade no pago a provedores nun 91 %, a cifra máis baixa de toda a serie histórica"

O Concello do Porriño pechou o ano cun período medio de pago de 42,81 días, segundo reflicten os últimos datos publicados polo Ministerio de Facenda no último trimestre do exercicio económico do 2023 que recollen o período medio de pago a provedores (PMP) das entidades locais.

 

 

Segundo o establecido pola lei, o prazo máximo de pago que deben cumprir as Administracións Públicas é de 30 días, polo que o Concello de Porriño aínda estaría 12.81 días fóra do prazo legal.

 

Deste xeito, en dous anos e medio o executivo que preside Alejandro Lorenzo baixou en 458 días a cifra, reducindo a porcentaxe de morosidade no pago a provedores nun 91 %. Este é o período máis baixo de toda a serie histórica.

 

O balance arroxa máis datos económicos positivos para o municipio, cunha ratio de operacións pagadas de 44,3 días mentres a ratio de operacións pendentes de pago se sitúa en 26,80 días. O importe de pagos realizados no último cuatrimestre supera os 6 millóns de euros fronte aos 573.000 euros pendentes.

 

“O período medio de pago a provedores é un dos principais medidores da saúde financeira dun Concello, ademais dun indicador de solvencia e credibilidade”, explicou o alcalde. Neste sentido, cabe destacar que as contas da entidade local gozan de boa saúde unha vez tramitado o pagamento das facturas atrasadas de 2017 a 2020, tras un proceso de fiscalización, depuración e revisión, que lastraban estes datos ao inicio de ano. Moitas delas foron devoltas por non cumplir cos requisitos de contratación pública, estar duplicadas, etc.

 

Os datos económicos actuais tradúcense nunha vantaxe competitiva para o Concello que lle permite un maior aforro e seguir sendo o concello con menor presión fiscal sobre a veciñanza da provincia. “Seguimos traballando para que continúe baixando o tempo que tardan en cobrar os nosos provedores e estabilizar un contexto económico que promova o desenvolvemento do Porriño”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.