Viernes, 12 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 04 de Abril de 2024 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O PP de Tomiño reclama solución áxil para as perdas de auga na PO-344

A voceira popular, Lara Meneses, considera “ineficiente” a insistencia ante o Consorcio Augas do Louro despois de que esta entidade desbotara reiteradamente a reparación da tubaxe e augura que tampouco haberá unha mellora na vía a curto prazo se se recurre á xustiza

O grupo municipal do PP de Tomiño interesouse na pasada sesión plenaria polos problemas das escorrentías de auga na estrada autonómica PO-344 –en dirección a Gondomar– entre Barro e Hospital, xa que están a causar importantes deficiencias na vía e problemas de seguridade viaria, e lamentou a proposta cursada ao respecto polo goberno local, xa que non serve como solución áxil a estes desperfectos, polo que vén de reclamarlle ao Concello que acometa o arranxo da tubaxe de abastecemento de auga neste punto e posteriormente faga as reclamacións económicas oportunas.

 


A voceira municipal, Lara Meneses, calificou de “ineficiente” a proposta do executivo nacionalista, xa que estima que a insistencia da solicitude de reparación ante o Consorcio Augas do Louro “non vai conseguir nada” despois de que esta entidade, á que o Concello considera responsable da canalización, desbotara reiteradamente o arranxo desta tubaxe tras peticións anteriores, xa que a competencia do mantemento é do Concello. E nesta liña, tampouco cre que se vaia acadar a necesaria mellora da vía a curto prazo coas outras accións ás que se abre o goberno local, en referencia a acudir á vía xudicial.


“Ante o noso interese por esta cuestión deunos a impresión de que o Bloque fixo unha das súas habituais estratexias de botar balóns fóra e tentar quedar ben, pero se esa importante avaría leva máis dun ano e o consorcio cre que non lle corresponde arranxala malia as solicitudes do Concello de Tomiño, agora non vai mudar de opinión de súpeto e, se falamos de recurrir á xustiza, estamos a resignarnos a anos de agarda por unha solución”, manifestou a concelleira popular.


Lara Meneses lembrou que o PP votou a prol da proposta do goberno local “porque nós sempre apostamos por traballar en positivo por Tomiño e porque todas as forzas políticas sumemos para o noso pobo”, pero tamén sostén que as  ineficaces accións do BNG neste caso “non van ser útiles para o máis importante para os veciños de Barro, Hospital e do resto do concello, que é o arranxo rápido para poder circular por esa vía con tranquilidade e seguridade”.


Por elo, a voceira municipal anunciou que os populares van insistir, posto que estima que a avaría non se vai arranxar nos próximos meses co novo intento do BNG, na súa iniciativa para que o Concello se encargue directamente da execución da obra como afectado subsidario, dado que esta canalización que subministra ao resto do Baixo Miño pasa polo termo municipal, e posteriormente esixa as posibles compensacións económicas que poidan ser oportunas.


“Á vista de que este conflito parece abocado a rematar na xustiza pola diverxencia de opinións sobre a asunción de responsabilidades, é moito máis eficiente facer a obra de inmediato e a continuación reclamar os cartos que acudir aos xulgados en primeira instancia e estar agardando durante anos por unha solución”, concluíu Meneses.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.